Abrir o menú principal

Praia da Cuncheira

A praia da Cuncheira atópase na vila de Baiona, na provincia de Pontevedra.

Praia da Cuncheira
Baiona, praia, A Cuncheira.JPG
Cuncheira en outubro de 2013.
Coordenadas: 42°7′20.79″N 8°51′6.35″O / 42.1224417, -8.8517639
Características específicas
Composiciónmistura de diferentes cunchas e area grosa
Tipo de areaFina
Condicións do bañoYes check.svg
Seguridade
Sinalización do perigoSi
Policía localSi
Accesibilidade
Sinalización do accesoYes check.svg

Xeografía e historiaEditar

Ten 50 metros de largo, e atópase no final da costa rochosa, na península de Monterreal. A súa area é algo grosa, formada por cunchas sen sedimentar.

Nela celebrábase antigamente, a véspera da noite de San Xoán, o baño das nove ondas, rito relacionado coa fertilidade.

BalnearioEditar

En tempos, houbo un balneario moi famoso e moi efectivo a partir de algas. Segundo di este refrán:

Adeus Cuncheira queridiña,
algas, auga e canto ti tés;
cheguei xunto a ti tollidiña
e vou sana polos meus pés.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar