Pragmática (dereito)

No campo do Dereito, a pragmática ou prematica é unha disposición real, en materia de dereito público non que non había intervención das Cortes ou dun Tribunal, e que emana por iniciativa propia[1], real, ou por petición de entidades ou autoridades públicas.

Pregmática do pan (século XVI).

Dentro das leis de carácter xeral, era o acto máis importante empregado polos reis para crear dereito. O protocolo de pragmática é amplo, e comeza por unha declaración de razóns, despois o acto de promulgación e, finalmente, co articulados. Xeralmente conteñen ordes xerais que tódolos naturais do reino debe obedecer. Durante o tempo da Novísima recopilación de leyes de España, a profusión de pragmática é moi ampla, como resultado do espírito centralista que ten nese momento o poder político.

Tivo nomes diferentes segundo a época. Na época do dereito romano posclásico co emperador Teodosio II, denominábase Pragmatica sanctio. A partir do Baixo Imperio Romano emprégase Pragmaticae sanctiones, lex pragmatica ou pragmatica.

Ao remate da Idade Media, coa recepción do ius comune, a pragmática como fonte de produción de leis, tivo un uso moi común nos reinos cristiáns da península. O uso de pragmática sempre presentou un problema legal que se manifesta de forma diferente segundo se trate dun lugar ou doutro. Por iso, non cumpre idéntica función no seu papel na creación de lei, en Cataluña ou en Castela e resulta aconsellable facer unha distinción.

A pragmática en Cataluña editar

 
Pragmatica Sancion (S. XVIII)

Estímase que a pragmática máis antiga de Cataluña, aínda que non se sabe a data, pertence ao reinado de Xaime I o Conquistador. É un documento que regulamenta a opción do dote dunha muller casa casada. Ademais de polo Rei, a pragmática tamén podía ser expedida polo seu Lugartenente Xeral ou polo Gobernador Xeral como representantes permanentes do monarca.

En Cataluña, o carácter voluntarista vese reflectido na fórmula queremos e proveemos. Os xurisconsultos cataláns dende a Baixa Idade Media e na Idade Moderna teñen admitido a eficacia xurídica da pragmática, mais estaban de acordo en que lexislación exclusiva do Rei non podería ser contraria ás Constitucións catalás. Estes foron formuladas polo monarca e as Cortes e, polo tanto, as disposicións do monarca estaban subordinadas.

Ata o tempo de Fernando o Católico, as pragmáticas, son moi numerosas, pois atinxen a múltiples asuntos: eclesiásticos, civís, penais, procesuais, administrativos e fiscais, así como sobre os dereitos e a administración de xustiza. Moitas veces, contiñan ordes que pretendían conseguir a aplicación das leis establecidas nos Tribunais e aparecen recompiladas no volume segundo da Compilación de Dereito civil especial de Cataluña, realizado durante a era moderna.

As 6 últimas pragmáticas do Principado de Cataluña pertencen ao reinado de Carlos I.

Na Universidade Autónoma de Barcelona, no fondo bibliográfico[2] facilitado polo economista Joan Carandell e Marimón, denominado Biblioteca Económica Carandell e Fondo Carandell, mantense unha colección dunhas 100 pragmáticas, unhas 325 Cédulas Reais e outros documentos de tipo normativo.

A pragmática en Castela editar

No Reino de Castela, a pragmática, a diferenza de Cataluña, identifícase co sistema máis xeneralizado de creación de dereito e pasa a ser a expresión máis importante do poder lexislativo do rei[3]. Os reis casteláns considerábanse os únicos creadores de normas xurídicas de eficacia xeral e aproveitaron os principios xurídicos para reforza-lo seu autoritarismo político.

En Castela, pois, a diferenza do acontecido en Cataluña, a lexislación real non estaba subordinada á lexislación emitida pola Cortes senón que, en múltiples ocasións, as pragmáticas derrogaban ou contradicían esas leis. A miúdo, aparecían fórmulas como "motu propio" ou que "tal pragmática tuviera fuerza de ley como si fuera dada y ordenada y establecida y publicada en las Cortes[4]". Tamén adoitábase empregar a fórmula "mi poder real absoluto".

Dende mediados do século XIX, durante o chamado Movemento codificador, a pragmática desapareceu como fonte de creación de dereito[5].

Notas editar

  1. "academia.gal". Consultado o 23-01-2017. 
  2. "Unha colección de Pragmáticas e outros documentos". Consultado o 22-01-2017. 
  3. Sánchez, Santos (1803). Coleccion de pragmáticas, cedulas, provisiones, autos acordados, y otras ... (3ª ed.). Madrid: Imprenta Viuda e hijo de Marín. 
  4. Sánchez, Santos (1805). Coleccion de pragmáticas, cedulas, provisiones, autos acordados, y otras providencias generales expedidas por el Consejo Real en el reinado del Señor Carlos IV (3ª ed.). Madrid: Imprenta de D. Josef del Collado. p. 113. 
  5. Arnau i Raventós, Lídia (2004). "El moviment codificador de mitjan segle XIX: la defensa del dret propi des de Barcelona". Quaderns d'Historia (10): 203–217. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gómez de Liaño, Fernando, Diccionario jurídico, Oviedo : Foro, 2001, ISBN 84-87586-37-6
  • Pérez-Prendes y Muñoz de Arraco, Curso de Historia del Derecho, ed , Universidad Complutense, Madrid, 1983, ISBN 84-600-2982-4
  • Torrent, Armando Diccionario de derecho romano, Madrid : Edisofer, 2005. ISBN 84-96261-13-1

Ligazóns externas editar