Prémio Literário José Saramago

premio

O Premio Literario José Saramago,[1] instituído pola Fundación Círculo de Lectores en 1999, é atribuído a unha obra literaria, escrita en lingua portuguesa por autores novos, cuxa primeira edición fose publicada nun país da lusofonia.[2]

José Saramago en Bouzas

O Premio celebra a asignación do Premio Nobel da Literatura de 1998 ao escritor portugués José Saramago, ten unha periodicidade bienal e o valor pecuniario do premio é de 25 mil euros.[3] O xurado está composto por 5 a 10 elementos de recoñecido mérito no eido cultural.

Segundo o Regulamento, «O Premio distingue unha obra literaria no dominio da ficción, novela ou novela curta, escrita en lingua portuguesa, por un escritor con idade non superior a 35 anos, cuxa primeira edición fose publicada en calquera país da lusofonia, excluíndo obras póstumas.» Na edición en 2021, o regulamento será alterado por forma a incluír escritores até 40 anos de idade á data de publicación da obra a concurso.[4]

Vencedores

editar
Edición Ano Obra Autor País Ref
1.ª 1999 Natureza Morta Paulo José Miranda    Portugal [5]
2.ª 2001 Nenhum Olhar José Luís Peixoto    Portugal [6]
3.ª 2003 Sinfonia en Branco Adriana Lisboa   Brasil [7]
4.ª 2005 Jerusalém Gonçalo M. Tavares    Portugal [8]
5.ª 2007 O Remorso de Baltazar Serapião Valter Hugo Mãe    Portugal [9]
6.ª 2009 As Três Vidas João Tordo    Portugal [10]
7.ª 2011 Os Malaquias Andréa del Fuego   Brasil [11]
8.ª 2013 Os Transparentes Ondjaki   Angola [12]
9.ª 2015 As Primeiras Coisas Bruno Vieira Amaral    Portugal [13]
10.ª 2017 A Resistência Julián Fuks   Brasil [14]
11.ª 2019 Pão de Açúcar Afonso Reis Cabral    Portugal [15]
12.ª 2022 Dor fantasma Rafael Gallo   Brasil [16]
13.ª 2024 Morramos ao menos no porto Francisco Mota Saraiva    Portugal [17]
  1. "Prémio Literário José Saramago. Regulamento -11ªediçao". Fundaçao José Saramago (en portugués). Consultado o 2020/07/09. 
  2. "Vencedor do Prémio Literário José Saramago revelado em breve". Espalha-Factos (en portugués). 2013-10-30. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-09. 
  3. "APEL - Página em construção". www.apel.pt. Consultado o 2020-07-07. 
  4. Cipriano, Rita. "Afonso Reis Cabral vence Prémio Literário José Saramago". Observador (en portugués). Consultado o 2020-07-07. 
  5. "O escritor que perdeu a pátria". 9 de janeiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 9 de novembro de 2013. 
  6. "José Luis Peixoto vence Prémio Literário José Saramago". 9 de novembro de 2001. Consultado o 9 de novembro de 2013. 
  7. "Novo romance de Adriana Lisboa". 16 de fevereiro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 9 de novembro de 2013. 
  8. "Prémio Saramago para 'Jerusalém' de Gonçalo M. Tavares". 9 de outubro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 9 de novembro de 2013. 
  9. "Valter Hugo Mãe ganha Prémio Saramago". 27 de outubro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 9 de novembro de 2013. 
  10. "João Tordo ganha Prémio Literário José Saramago". 17 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 9 de novembro de 2013. 
  11. "Prémio José Saramago 2011 atribuído à escritora brasileira Andréa del Fuego". 25 de novembro de 2011. Consultado o 9 de novembro de 2013. 
  12. "Angolano Ondjaki vence Prémio José Saramago com "Os transparentes"". 5 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 9 de novembro de 2013. 
  13. "Bruno Vieira Amaral ganha Prémio José Saramago". 20 de outubro de 2015. Consultado o 14 de outubro de 2017. 
  14. "Julián Fuks vence Prémio Literário José Saramago". 25 de outubro de 2017. Consultado o 25 de outubro de 2017. 
  15. "Afonso Reis Cabral vence o Prémio José Saramago com o romance "Pão de Açúcar"". 8 de outubro de 2019. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  16. "Escritor brasileiro Rafael Gallo vence Prémio José Saramago 2022". 14 de novembro de 2022. Consultado o 9 de decembro de 2022. 
  17. Coutinho, Isabel (2024-11-19). "Uma história de amor e de sombras deu o Prémio José Saramago a Francisco Mota Saraiva". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2024-11-20. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar