Portunoideos
Portunoideos Portunoidea | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Portunus trituberculatus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||
|
A dos portunoideos (Portunoidea) é unha superfamilia de crustáceos decápodos brauiúros que agrupa once familias, das cales catro só albergan formas fósiles.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2f/Liocarcinus_depurator.jpg/180px-Liocarcinus_depurator.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8c/Chaceon_affinis.jpg/180px-Chaceon_affinis.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d6/Etrilledos.jpg/180px-Etrilledos.jpg)
As máis coñecidas son as dos xeriónidos (cangrexos de mar aberto), portúnidos (cangrexos nadadores) e tricodactílidos (cangrexos de auga doce).[1]
Foi creada en 1815 polo naturalista estadounidense Constantine Samuel Rafinesque (1783-1840).[2]
Descrición
editarA casca, algo plana e lisa, é xeralmente máis ancha que longa, e de forma hexagonal, subhexagonal, rectangular ou transversalmente ovalada. É xeralmente máis ancha entre as espiñas dorsais detrás do bordo dianteiro; pode ter até 9 pares destas espiñas dorsais, con algunhas máis pequenas á dereita sobre o rostro, pero faltan nalgunhas especies.[1]
En varias especies, o primeiro pleópodo do endopodio é lobulado e forma o característico lóbulo portúnido. As quelas (pinzas) son robustas e, ás veces, o último par de pleópodos presenta unha pinza ovalada.[1]
As suturas do esterno entre os segmentos 4 e 8 son xeralmente incompletas e, na familia dos portúnidos, as oito partes do esterno son usualmente visíbeis se se observan desde abaixo, e presentan un suco penial.[1]
Nos machos, os somitos abdominais están todos libres ou do terceiro ao quinto están fundidos, pero conservando a miúdo as suturas. O primeiro gonopodio é moi curvado, en forma de gancho, e coa base inchada.[1]
Familias
editarSegundo o WoRMS, comprende as seguintes familias:[2]
- Carcinidae MacLeay, 1838
- Geryonidae Colosi, 1923
- Pirimelidae Alcock, 1899
- Polybiidae Ortmann, 1893
- Portunidae Rafinesque, 1815
- Thiidae Dana, 1852
Algún autores considera tamén a:
- Catoptridae Borradaile, 1902[3]
- Macropipidae Stephenson & Campbell, 1960[4][5]
A elas hai que engadir as extintas:[3]
- Carcineretidae † Beurlen, 1930[1]
- Lithophylacidae † Van Straelen, 1936
- Longusorbiidae † Karasawa, Schweitzer & Feldmann, 2008
- Psammocarcinidae † Beurlen, 1930
Carcineretidae, unha familia fósil do cretáceo, adoita ser clasificada nesta superfamilia. Se iso é correcto, outra familia extinta, a dos Torynommidae, tamén debería ser incluída en Portunoidea.[1]
A controversia sobre as familias que deben inluírse, ou non, nesta superfamilia deberá revisarse tras as oportunas análises filoxenéticos moleculares.[3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Karasawa, H. & Schweitzer, C. E. (2006): "A new classification of the Xanthoidea sensu lato (Crustacea: Decapoda: Brachyura) based on phylogenetic analysis and traditional systematics and evaluation of all fossil Xanthoidea sensu lato". Contributions to Zoology 75(1/2): 23-73. PDF texto completo Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ 2,0 2,1 Portunoidea Rafinesque, 1815 no WoRMS.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 De Grave & al. (2009): "A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans." Raffles Bulletin of Zoology. Suppl. 21: 1-109. texto orixinal Arquivado 06 de xuño de 2011 en Wayback Machine..
- ↑ Schubart & Reuschel (2009): "A proposal for a new classification of Portunoidea and Carcroidea (Brachyura: Heterotremata) based on two independent molecular phylogenies". Decapod Crustacean Phylogenetics. 18: 533–549.
- ↑ Karasawa, H.; Schweitzer, C. R. & Feldmann, R. M. (2008): "Revision of the Portunoidea Rafinesque, 1815 (Decapoda: Brachyura) with emphasis on the fossil genera and families". Journal of Crustacean Biology, 28: 82-127.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Portunoideos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Portunoideos |
Bibliografía
editar- Rafinesque, C. S. (1815): Analyse de la Nature, ou Tableau de l’Univers et des Corps Organisés. Palermo: L'Imprimerie de Jean Barravecchia.
- De Grave et al., (2009): "A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans". Raffles Bulletin of Zoology Suppl. '21: 1–109.texto orixinal Arquivado 06 de xuño de 2011 en Wayback Machine..
- Türkay, M. (2001): "Decapoda" en: Costello, M. J. et al. eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Paris: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 284-292. ISBN 2-85653-538-0.
- McLaughlin, P. A.; Lemaitre, R. & Sorhannus, U. (2007): "Hermit crab phylogeny: a reappraisal and its “fall-out”". Journal of Crustacean Biology, 27 (1): 97-115. Resume