Portimão
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
Portimão é unha cidade portuguesa do Distrito de Faro, rexión e subregión do Algarve. O centro da cidade esta a 2 km do mar e é un centro importante de pesca e turismo.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Distritos | Distrito de Faro | ||||
Capital | Portimão | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 59.845 (2021) (328,71 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 182,06 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Día festivo | |||||
Santo padrón | Inmaculada Concepción | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 8500 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | cm-portimao.pt | ||||
Historia
editarNo municipio de Portimão hai importantes vestixios arqueolóxicos que comproban a presenza humana nesta zona desde o neolítico. Así, na zona de Alcalar, parroquia de Mexilhoeira Grande, hai unha importante necrópole neolítica, da cal resta soamente unha parte, o monumento -número 7- composto por unha cámara circular de placas de xisto, ao que se accede por un corredor, exemplo de monumentos idénticos que se atopan en toda a Europa occidental, principalmente en Irlanda. Moi preto desta zona, a 1 quilómetro e medio, hai outra necrópole en Monte Canelas. Outro vestixio moi importante é unha estación arqueolóxica romana con varias salas e que data da época da Romanización. Esta atópase cerca do pobo de Figueira, zona de Abicada, na confluencia de dúas ribeiras. Tamén a uns sete quilómetros, na zona de Coca Maravilhas, foi descuberta unha cisterna deste período e que se presenta moi ben conservada. Ademais, no río Arade atopáronse diversos achados arqueolóxicos, incluíndo moedas de ouro. Baixo o reinado do Rei D. Afonso V (1463) nace Vila Nova de Portimão, rapidamente promovida polo transporte marítimo da costa africana. O terremoto de 1755 interrompe a vida e a economía da terra, que só pode comezar a recuperarse a finais do século XVIII, co desenvolvemento do comercio das noces (noces, améndoas e figos), do peixe e da industria conserveira arqueolóxicos dan fe de asentamentos no neolítico.
Neolítico
editarNa zona de Alcalar hai unha necrópole.
Século XX
editarO día 11 de decembro de 1924 a -Vila Nova de Portimão- cambia de estado e pasa a cidade de Portimão polo entón Presidente da República, Manuel Teixeira Gomes, un fillo nativo. Portimão creceu dando un maior énfase ás actividades marítimas, á industria de conservas e á construción de buques. Pero non deixou de lado a cultura do sal, o comercio de produtos rurais, tales como algareabas, figos e améndoas, e as industrias da madeira e do forcho. Logo da subida e a caída da industria conserveira nas décadas de 60 e 70, a cidade desenvolveuse como destino turístico e conta cunha ampla gama de hoteis, restaurantes e tendas.
Así, desde mediados do século XX, a cidade de Portimão se caracterizou polo crecemento do turismo, que foi unha contribución importante para o desenvolvemento da provincia e da súa economía e que segue sendo hoxe en día. Converteuse nun popular destino de vacacións debido, principalmente, ás súas praias (Rocha, Vau e Alvor) e tamén é considerada unha cidade de referencia para os amantes da pesca e dos deportes motorizados.
Actualidade
editarO concello de Portimão organizou eventos de carácter internacional, tales como: -Portimão Dakar-, en 2007; a organización (anual) dunha proba do -Campionato Mundial de Fórmula1 Power Boat- en lanchas a motor; a organización de varios eventos no Autódromo Internacional do Algarve, por exemplo -Le Mans Series- Na actualidade, Portimão é o terceiro porto a nivel nacional, só por detrás de Lisboa e Funchal, que recibe maior número de pasaxeiros de barcos de cruceiro, mellorando así a calidade turística nunha rexión caracterizada polo turismo de masas. Para o éxito desta industria contribuíu, en gran medida, a estreita colaboración entre o municipio de Portimão e unha empresa española Naviera Armas[2] que asegura o tráfico entre Portimão (Portugal Continental) - Funchal (Madeira, Portugal Insular) e as Illas Canarias (España).
Xeografía
editarÉ sede dun municipio con 183 km² de área de 52.000 habitantes (2006), subdividido en 3 freguesías. O municipio limita ao norte con municipio de Monchique, ao leste con Silves e Lagoa, ao oeste con Lagos e ao sur ten litoral no océano Atlántico. Portimão é unha cidade portuguesa que se atopa na provincia de Algarve, distrito de Faro. O centro da cidade está situado na beira do río Arade e a dous quilómetros da Praia da Rocha, importante centro turístico da zona occidental do Algarve (Barlovento). Este municipio engloba 3 distritos municipais, Portimão, Alvor e Mexilhoeira Grande. De acordo con datos do censos 2011, Portimão ten unha poboación de 55.818 habitantes.
Demografía
editarPoboación do concello de Portimão (1981 – 2011) | ||||
---|---|---|---|---|
1981 | 1991 | 2001 | 2011 | |
34 464 | 38 883 | 44 818 | 55 614 |
Freguesías do municipio
editarNotas
editar- ↑ Detail Regional Map, Algarve- Southern Portugal, ISBN 3-8297-6235-6
- ↑ "Naviera Armas". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 07 de marzo de 2014.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Portimão |