Portela, Cuntis
Santa Eulalia de Portela é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cuntis, na comarca de Caldas. Segundo o IGE en 2011 tiña 210 habitantes (117 mulleres e 93 homes), 101 menos ca en 1986. En 1836 tiña unha poboación de feito de 327 persoas.
Portela | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa Eulalia de Portela. | |
Concello | Cuntis[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°40′50″N 8°33′13″O / 42.68055556, -8.55361111Coordenadas: 42°40′50″N 8°33′13″O / 42.68055556, -8.55361111 |
Área | 6,2 km² |
Poboación | 210 hab. (2011) |
Densidade | 33,87 hab./km² |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
SituaciónEditar
A parroquia sitúase preto da portela que separa os vales do Vea (afluente do Ulla) e do Gallo (afluente do Umia), na parte alta deste último e na súa ribeira dereita xunto cos lugares da Casa da Cruz, Ferreiros, Piñeiro, A Casiña e A Anllada (pertencentes a Arcos de Furcos) e a parroquia toda de Couselo.
De leste para oeste sitúanse Loureiro de Arriba (na parte esquerda do collado mirando cara o val do Gallo), Loureiro de Abaixo, Novás (estes dous xa na parte central) e Portela (na parte esquerda e nas abas de Pedra Lobeira, na serra de Xesteiras). O rego Carbáns (afluente do Gallo) ten o seu nacemento nas proximidades da pista asfaltada que une Portela con Novás, xunto á escola infantil. Dito rego xunto cos seus regatos tributarios desemboca, xunto ó rego Sequeiros que ven de Couselo, no río Gallo nunha paraxe preto do lugar da Anllada (Arcos de Furcos).
A N-640 pasa polo medio do núcleo de Novás e nel conéctase coa estrada que baixa polas curvas da Bragada en dirección ó Souto de Vea (A Estrada) e Santiago de Compostela.
PatrimonioEditar
Preto de Loureiro de Arriba e da veciña aldea do Piñeiro (parroquia de Arcos de Furcos) atópanse os castros de Castroloureiro e da Aurela, no medio dun eucaliptal e aínda soterrados baixo terra, o primeiro na marxe dereita do val do rego Freixiño (xunto con Loureiro de Riba) e o segundo na esquerda (xunto co Piñeiro).
Destaca-la capela da Nosa Señora de Loreto, situada en Loureiro de Abaixo, e a igrexa parroquial de Santa Eulalia, situada no lugar de Portela. Tamén o conxunto de 7 muíños fariñeiros no regato que discorre polo medio do lugar de Portela, aínda que en mal estado de conservación.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de PortelaEditar
Lugares da parroquia de Portela no concello de Cuntis (Pontevedra) | |
---|---|