Portal:Rusia/Biografía destacada/2

Vladimir Ilich Lenin (en ruso: Владимир Ильич Ленин; nado Vladimir Ilich Ulianov, en ruso: Владимир Ильич Ульянов), nado o 22 de abril (xul. 10 de abril) de 1870 en Simbirsk e falecido o 21 de xaneiro de 1924 en Moscova, foi un revolucionario comunista, político e teórico político ruso que serviu como líder da R.S.S.F. de Rusia dende 1917 e de Presidente do Consello de Ministros da Unión Soviética dende 1922 até 1924.

Nado no seo dunha adiñeirada familia de clase media en Simbirsk, Lenin adquiriu interese pola política revolucionaria de esquerda logo da execución do seu irmán en 1887. Pouco despois ingresa na Universidade de Kazán, onde é expulsado pola súa participación en protestas anti-tsaristas, adicando os seguintes anos á obtención do título en dereito e á política radical, adoptando as teses do marxismo...