Portal:Roma antiga/Artigo destacado/Arquivo

Aquí están todos os artigos destacados no portal Roma antiga:

1 editar

A escultura da Roma antiga comprende a obra escultórica desenvolvida en toda a área de influencia do Imperio Romano, co foco central en Roma, entre o século VI a. C. e o século V. Orixinariamente derivou da escultura grega, principalmente a través da herdanza da escultura etrusca e, posteriormente, xa dun xeito directo durante o período helenístico, por contacto coas colonias da Magna Grecia e da mesma Grecia.

A tradición grega foi unha referencia constante ao longo da historia de Roma, pero contradicindo a crenza popular estendida que afirma que os romanos foron máis imitadores que creadores, sábese que non só foron quen de asimilar e desenvolver as súas fontes con mestría, senón que tamén contribuíron dun xeito orixinal nesta tradición.

Despois da consolidación do Imperio, outras influencias estranxeiras, maiormente orientais, determinaron un lento mais progresivo afastamento do canon grego en dirección a unha simplificación formal de tendencia abstracta, que estabeleceu as bases da arte bizantinapaleocristiá e medieval.

O hábito xeneralizado da copia de obras gregas máis antigas e a permanencia de alusións ao clasicismo grego ao longo de toda a súa historia, mesmo a través do cristianismo primitivo, mantivo vivas unha tradición e unha iconografía que doutro xeito poderían terse perdido. Boa parte do noso coñecemento da cultura e da arte da Grecia antiga transmitiuse desta forma, e maila escultura romana —xunto coa grega— tivo fundamental importancia na formulación da estética do Renacemento e do Neoclasicismo, testemuñando a súa vitalidade e significancia até tempos máis modernos, alén de estar considerada coma un dos corpos artísticos máis importantes da cultura occidental.


2 editar

Portal:Roma antiga/Artigo destacado/2

3 editar

Portal:Roma antiga/Artigo destacado/3

4 editar

Portal:Roma antiga/Artigo destacado/4

5 editar

Portal:Roma antiga/Artigo destacado/5

6 editar

Portal:Roma antiga/Artigo destacado/6

7 editar

Portal:Roma antiga/Artigo destacado/7

8 editar

Portal:Roma antiga/Artigo destacado/8

9 editar

Portal:Roma antiga/Artigo destacado/9

10 editar

Portal:Roma antiga/Artigo destacado/10