Portal:País Vasco/Biografía destacada/Arquivo

Aquí están todas as biografías destacadas no portal País Vasco:

1 editar

Luís Michelena Elissalt, máis coñecido como Koldo Mitxelena, nado en Errenteria o 20 de agosto de 1915 e finado en Donostia o 11 de outubro de 1987, foi un filólogo vasco, unha das máximas autoridades en lingua éuscara e un dos artífices do éuscaro batua.

En 1959 doutorouse en Filosofía e Letras, disciplina na que se iniciara na cadea. En 1958 ocupou a cátedra de Lingua e Literatura vascas na Universidade de Salamanca (a primeira cátedra desta lingua nunha universidade española); en 1968 foi nomeado profesor de lingüística indoeuropea.

En 1978 fixose cargo da Facultade de Filoloxía da Universidade do País Vasco. Membro da Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia), ténselle considerado como unha das máximas autoridades na lingua éuscara, sendo un dos artífices da unificación deste idioma.


2 editar

Dolores Ibárruri Gómez, coñecida como A Pasionaria, nada en Gallarta (Biscaia) o 9 de decembro de 1895 e finada en Madrid o 12 de novembro de 1989, foi unha dirixente comunista española.

Durante a guerra civil, que comezou en xullo de 1936, foi unha importante propagandista, chegando a percorrer a fronte divulgando consignas tan celebres como a de "¡No pasarán!" e "antes morir de pie que vivir de rodillas" que a converteron nunha personaxe moi popular entre os defensores do réxime republicano e na principal e carismática portavoz do seu partido.

Coa morte de Francisco Franco regresou a España en maio de 1977 e, un mes máis tarde, foi elixida deputada ao Congreso para formar parte das Cortes Constituíntes, a primeira sesión das cales presidiu.


3 editar

Portal:País Vasco/Biografía destacada/3

4 editar

Portal:País Vasco/Biografía destacada/4

5 editar

Portal:País Vasco/Biografía destacada/5

6 editar

Portal:País Vasco/Biografía destacada/6

7 editar

Portal:País Vasco/Biografía destacada/7

8 editar

Portal:País Vasco/Biografía destacada/8

9 editar

Portal:País Vasco/Biografía destacada/9

10 editar

Portal:País Vasco/Biografía destacada/10