Portal:Hungría/Cidade destacada/Arquivo

Aquí están todas as cidades destacadas no portal de Hungría:

1 editar

Budapest (  /ˈbudɒpɛʃt/ ) é a capital e cidade máis poboada de Hungría, así como o seu principal centro industrial, comercial e de transportes. A cidade posúe 1,74 millóns de habitantes (2011), unha diminución significativa respecto dos case 2,1 millóns cos que contaba a mediados dos anos 1980, que representan un quinto da poboación total de Hungría. É a cidade máis poboada de Europa central-oriental e a sétima da Unión Europea. Ocupa unha superficie de 525 km² e a súa área metropolitana conta cunha poboación de 2,38 millóns de habitantes. Budapest converteuse nunha única cidade cando ocupou as dúas beiras do río Danubio, unificando as cidades de Buda e Óbuda, na beira oeste, con Pest, na beira leste, o 17 de novembro de 1873.

A historia de Budapest comezou con Aquincum, orixinalmente un asentamento celta que se converteu na capital romana de Panonia Inferior. Os húngaros chegaron ao territorio no século IX. O seu primeiro asentamento foi saqueado polos mongoles en 1241-42. A cidade restablecida converteuse nun dos centros da cultura do Renacemento humanista no século XV. Logo da batalla de Mohács e tras case 150 anos de dominio otomán, Budapest converteuse nunha cidade global logo da unificación de 1873. Tamén converteuse na segunda capital de Austria-Hungría, unha gran potencia que se disolveu en 1918. Budapest foi o punto focal da revolución húngara de 1848, a República Soviética Húngara de 1919, a Operación Panzerfaust en 1944, a batalla de Budapest de 1945 e a Revolución de 1956.

Budapest é un importante centro financeiro de Europa Central. A cidade situouse terceira (dun total de 65 cidades) no Índice de Mercados Emerxentes elaborado por Mastercard, e clasificada como a cidade mellor habitable de Europa Central e Europa del Este por índice de calidade de vida segundo Economist Intelligence Unit. Tamén clasificouse como o "sétimo lugar idílico de Europa para vivir" pola revista Forbes, e como a novena cidade máis bela do mundo por UCityGuides. É, tamén, a mellor cidade de Europa Central e do Leste no índice Innovation Cities' Top 100.


2 editar

Portal:Hungría/Cidade destacada/2

3 editar

Portal:Hungría/Cidade destacada/3

4 editar

Portal:Hungría/Cidade destacada/4

5 editar

Portal:Hungría/Cidade destacada/5

6 editar

Portal:Hungría/Cidade destacada/6

7 editar

Portal:Hungría/Cidade destacada/7

8 editar

Portal:Hungría/Cidade destacada/8

9 editar

Portal:Hungría/Cidade destacada/9

10 editar

Portal:Hungría/Cidade destacada/10