Portal:Balonmán/Artigo destacado/Arquivo

Aquí están todos os artigos destacados no portal Balonmán:

1 editar

A Liga de Campións da EHF (EHF Champions League en inglés) é o nome que recibe a máxima competición de clubs de balonmán a nivel europeo. Está organizada pola EHF (European Handball Federation), e reúne aos mellores equipos das principais ligas do balonmán europeo. Inicialmente foi denominada Copa de Campións Europeos, mudando para a súa denominación actual en 1993.

A competición celébrase anualmente dende a tempada 1956-57, aínda que ao longo dos anos foi modificado o sistema de competición. Nos primeiros anos participaban unicamente os campións de cada unha das ligas nacionais adscritas á EHF. Actualmente reúne aos mellores clasificados das principais ligas, non só aos campións. O club con máis títulos da Copa de Europa de Balonmán é o FC Barcelona da Liga ASOBAL, con nove títulos, e o actual campión é o RK Vardar de Skopje (Macedonia do Norte), que se proclamou campión por primeira vez na súa historia logo de derrotar na final disputada no Lanxess Arena de Colonia (Alemaña) ao PSG francés.


2 editar

O Club Balonmano Cantabria (1975-2008) foi un equipo de balonmán da cidade de Santander (Cantabria). Foi fundado en 1975 co nome de Grupo Deportivo Teka Santander, herdeiro do club La Salle Authi de Los Corrales de Buelna. Foi un dos clubs máis laureados de España e de Europa. Debido a problemas económicos, mudou a súa denominación en 1995, baixo o patrocinio de Caja Cantabria, que abandonou o seu patrocinio en 1999, adoptando o club o nome de Club Balonmano Cantabria e volvendo a Teka, denominándose o equipo Teka Cantabria ata a súa desaparición no ano 2008, tras un breve período no que foi propiedade do Racing de Santander.

A nivel nacional participou na Liga ASOBAL (nome que recibe a máxima categoría do balonmán español) dende a súa fundación en 1990 pola Asociación de Clubes Españoles de Balonmano (ASOBAL) ata a súa desaparición. A Liga ASOBAL foi a herdeira da antiga liga española de balonmán que, entre 1958 e 1990, e coa denominación de División de Honra, organizou a Federación Española de Balonmano. En total, o club participou en 18 ocasións na máxima categoría, gañando o título en dúas ocasións (1992-93 e 1993-94). Ademais adxudicouse outros títulos nacionais como a Copa do Rei e a Supercopa de España, ambas en dúas ocasións, ou a Copa ASOBAL, que gañou catro veces. A nivel internacional conquistou nunha ocasión a máxima competición europea de balonmán entre clubs, a Copa de Europa, así como o Campionato Mundial de Clubs, a Recopa de Europa en dúas ocasións, ou a Copa EHF.

Durante a maior parte da súa historia, o club xogou no Pavillón de La Albericia, aínda que tamén nas súas últimas tempadas disputou partidos no Palacio de Deportes de Santander, que dispuña de maior capacidade que o anterior.


3 editar

Portal:Balonmán/Artigo destacado/3

4 editar

Portal:Balonmán/Artigo destacado/4

5 editar

Portal:Balonmán/Artigo destacado/5

6 editar

Portal:Balonmán/Artigo destacado/6

7 editar

Portal:Balonmán/Artigo destacado/7

8 editar

Portal:Balonmán/Artigo destacado/8

9 editar

Portal:Balonmán/Artigo destacado/9

10 editar

Portal:Balonmán/Artigo destacado/10