Portal:Ballet/Personalidade destacada/1

Marie Rambert (orixinalmente Cyvia Rambam), nada o 20 de febreiro de 1888 en Varsovia (actualmente en Polonia e daquela no Reino do Congreso) e finada o 12 de xuño de 1982 en Londres (Inglaterra), foi unha bailarina e pedagoga de orixe polonesa naturalizada británica. Rambert exerceu unha forte influencia no ballet británico, tanto como bailarina como pedagoga, sendo nomeada Dame Commander of the Most Excellent Order of the British Empire, e recibindo por parte da Royal Academy of Dance o Queen Elizabeth II Coronation Award.

Ao longo da súa traxectoria participou no corpo de baile dos Ballets Russes de Sergei Diagilev (colaborando con Vatslav Nizhinskii nesa compañía na representación de Le Sacre du printemps de Igor Stravinskii), antes de fundar a súa propia compañía de danza, o Ballet Rambert (actualmente denominado Rambert Dance Company, que Despois de instalarse en Hampstead (Inglaterra), comezou a ensinar ballet profesionalmente e foi recoñecida como un dos fundadores do ballet británico moderno. Participou na creación do Royal Ballet e foi un dos membros fundadores da Royal Academy of Dance.