Portal:Ópera/Sobre a Ópera/marzo 2014

O Canon de Bayreuth é un catálogo de óperas do compositor alemán Richard Wagner que foron representadas no Festival de Bayreuth, un festival adicado á representación destas obras creado polo propio compositor en 1876 na localidade de Bayreuth (Baviera, Alemaña) e que continuou sendo dirixido pola súa familia despois da súa morte. O Canon está constituído polas últimas dez óperas do compositor alemán, sendo rexeitadas as tres primeiras ao consideralas traballos de estudante.

As óperas que integran o Canon son as catro da serie Der Ring des Nibelungen (Das Rheingold, Die Walküre, Siegfried e Götterdämmerung), sendo o Festival de Bayreuth creado para a estrea do ciclo completo. Posteriormente Wagner introduciu a ópera Parsifal, que foi estreada na segunda edición do festival. Logo da morte de Wagner, a súa muller Cosima Wagner introduciu Tristan und Isolde, Die Meistersinger von Nürnberg, Tannhäuser, Lohengrin e Der Fliegende Holländer.