Porta do Leste (Delft)

A Porta do Leste (en neerlandés: Oostpoort) é a derradeira das cinco portas medievais da muralla da cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos.

Porta do Leste
(Oostpoort)
Vista frontal da Porta do Leste e a ponte Kleine Oostpoortbrug
Edificio
TipoPorta fortificada
EstiloArquitectura gótica
Sistema estruturalCorpo cuadrangular con arco entre torres cilíndricas
EnderezoOostpoort 1, 2611 Rz Delft
Localización Delft
Holanda Meridional
Países Baixos Países Baixos
Coordenadas52°00′40″N 4°22′05″L / 52.01117, 4.36809Coordenadas: 52°00′40″N 4°22′05″L / 52.01117, 4.36809
Uso(s)Antigo: porta de acceso á cidade.
Actual: sala de exposicións.
Construción
ConstruciónCirca 1400
RemodelaciónMáis recente: 1962 a 1964
editar datos en Wikidata ]

Anexa á porta está a ponte Kleine Oostpoortbrug.

Artigo principal: Kleine Oostpoortbrug (Delft).

Está situada no ángulo oriental da cidade vella, na desembocadura da canle Oostende na canle Rijn-Schie. Trátase do único testemuño das fortificacións medievais orixinais da cidade, xa que as restantes portas (Waterslootse Poort, Koepoort, e portas de Rotterdam, de Schiedam e da Haia), foron derrubadas ao longo do século XIX.[1]

En 1967 foi declarado monumento nacional (Rijksmonument).[2]

Historia e arquitectura

editar
 
Vita posterior do edificio

A porta foi construída cara ao ano 1400 integrada na muralla da cidade. Presenta un dobre acceso, tanto a través dunha vía ordinaria como a través da canle de auga, este último máis rebaixado, que podía ser pechado mediante unha comporta.[3]

A súa constitución é dun corpo central de forma cuadrangular aberto por un arco baixo enmarcado entre dúas torres cilíndricas xemelgas. A parte superior de cada torre, octogonal e rematada en punta, foi engadida entre 1514 e 1519.

No pasado, nas súas inmediacións situábase o muíño do Leste, un dos muíños que formaban parte das murallas da cidade no século XVI e dos que hoxe só se conserba o muíño De Roos.[4]

Entre 1962 e 1964, o complexo foi sometido a uns completos traballos de restauración, e desde 1988 utilízase como espazo para exposicións e como galería de arte.

Como curiosidade, no parque temático Huis Ten Bosch, no Xapón, hai unha réplica da Porta do Leste e a ponte anexa.

Notas 

editar
  1. "Oostpoort (Eastern-Gate) in Delft Arquivado 07 de novembro de 2017 en Wayback Machine.". En Netherlands-Tourism.com. (En inglés)
  2. "Oostpoort in Delft". En Rijksmonumenten.nl. (En neerlandés)
  3. "Vermeer's Delft Today: Oostpoort (The East-Gate) & Paardenmarkt". En Essentialvermeer.com (En inglés)
  4. Rubín, María José. "Oostpoort, la puerta de Delft Arquivado 10 de agosto de 2017 en Wayback Machine.". En Sobreholanda.com (En castelán)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar