Kleine Oostpoortbrug (Delft)

A Kleine Oostpoortburg (en galego: "pequena ponte da Porta do Leste") é unha ponte levadiza de ferro construída no ano 1514, que forma parte do complexo da Porta do Leste (neerlandés: Oostpoort), á que está anexa, na cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos.

Kleine Oostpoortbrug
(Pequena Ponte da Porta do Leste)
A ponte en primeiro termo, coa Porta do Leste ao fondo
Edificio
TipoPonte levadiza
Sistema estruturalEstrutura de ferro e madeira con remaches
EnderezoSuiderstraat, Delft
Localización Delft
Holanda Meridional
Países Baixos Países Baixos
Coordenadas52°00′38″N 4°22′07″L / 52.01066, 4.36873Coordenadas: 52°00′38″N 4°22′07″L / 52.01066, 4.36873
Uso(s)Acceso á porta na antiga muralla da cidade.
Construción
Construción1514
Remodelaciónmáis recentes: 1867 e 1903
editar datos en Wikidata ]
Artigo principal: Porta do Leste (Delft).

A ponte foi declarada monumento nacional (Rijksmonument) en 1967.[1]

Restauracións editar

A ponte tivo diversas restauracións. Á de 1867, probablemente a cargo do arquitecto municipal de Delft C. J. de Bruyn Kops, débeselle a súa fisionomía actual, á base de ferro e madeira. Nunha posterior intervención, en 1903, reforzouse a súa estrutura engadíndolle uns remaches de ferro, seguindo un proxecto de M. A. C. Hartman. As datas destas dúas restauracións están gravadas nas barras de ferro da ponte.[2]

O nome da ponte editar

Unha ponte xiratoria próxima a esta sobre a canle Rijn-Schiekanaal compartía con esta o nome de Oostpoortbrug, o cal provocaba confusión entre os veciños da zona.

Cando o goberno provincial da Holanda Meridional sinalizou a ponte sobre a Rijn-Schiekanaal, da que é titular, cun rótulo co nome de Oostpoortbrug, o goberno municipal decidiu rotular tamén a súa ponte engadíndolle ao seu nome a palabra Kleine (en galego: "pequeno"), para pór fin así á confusión entre ambas as denominacións.

Notas  editar

  1. "Oostpoortbrug in Delft". En Rijksmonumenten.nl (En neerlandés)
  2. "Oostpoort (Eastern-Gate) in Delft Arquivado 07 de novembro de 2017 en Wayback Machine.". En Netherlands-Tourism.com (En inglés)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Visser. Delfts Bruggen. Waltman. Delft. 1957.
  • Delft over bruggen. Deltech. Delft, 1997, Páxina 110. [ISBN 9075095341]

Ligazóns externas editar