Poro (ciencias naturais)

En bioloxía denomínase poro a calquera orificio invisíbel a simple vista polo seu pequeno tamaño, que hai na superficie dos animais e vexetais.[1][2]

Pole de Ipomoea purpurea.
Obsérvense os poros.

Dentro das ciencias naturais o termo úsase tamén en física e en química.

Etimoloxía editar

O termo deriva do grego antigo πόρος póros, "paso", "pasaxe", "conduto",[3] e foi empregado no sentido de "orificio polo que pasan fluídos", por Aristóteles, no século IV a.C. aplicado aos vexetais, e por Hipócrates, referido á anatomía, no século V a.C. Do grego pasou ao latín vulgar como porus e, de aí, ao latín científico e ao francés medieval como pore e a outros romances medievais como poro.[2]

Historia editar

Bioloxía editar

En francés empregouse por primeira vez a finais do século XIII como "ouverture imperceptible dans la peau" ('abertura imperceptíbel na pel', falando dos poros do coiro) nuha tradución do De Arte venandi cum avibus do emperador do Sacro Imperio Frederico II.[3]

No setido de orificio moi pequeno na superficie dun corpo, ou de cavidade moi pequena nun corpo, como poros da madeira, da casca de ovo, das esponxas etc., na cita Les pores absorbans des parois du tube alimentaire ou intestinal (Os poros absorbentes das paredes do tracto alimentario ou intestinal) en Lamarck, Philos. Zool., t. 2, 1809, p. 133.[3]

En botánica, como sinónimo antigo de estoma, en 1870: Dans les étamines, les anthères opèrent quelquefois leur déhiscence (...) par un pore. (Nos estames, as anteras ás veces efectúan a súa dehiscencia (...) por un poro).[3]

Física editar

En física, como "intersticio que separa as moléculas dun corpo" en Nous nous représentons les parties intimes de tous les corps de la nature, séparées les unes des autres par des espaces vides, que nous appelons les pores de la substance (Imaxinamos as partes privadas de todos os corpos da natureza, separados entre si por espazos baleiros, aos que chamamos poros da substancia), en Poisson, Mécan., t. 2, 1811, p. 2.[3]

Química editar

Le brunissage est un travail assez coûteux mais qui a l'avantage de durcir par écrouissage les dépôts galvaniques et d'en resserrer les pores (O brunido é un traballo bastante caro, pero ten a vantaxe de endurecer os depósitos galvánicos e apertar os seus poros). En Gasnier, Dépôts métall., 1927, p. 256.

La magnésie (...) reste pulvérulente et remplit les pores du ciment (A magnesia (...) permanece en po e enche os poros do cemento). En Cléret de Langavant, Ciments et bétons, 1953, p. 77.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para poro.
  2. 2,0 2,1 poro en dicciomed. diccionario médico-biológico, histórico y etimológico.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 pore no Trésor de la Langue Française informatisé.