Aegaeon lacazei
Aegaeon lacazei | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Aegaeon lacazei (Gourret, 1877) [1] | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Aegaeon lacazei (Gourret, 1887) = Pontoicaris lacazei (Gourret, 1887) é unha especie de crustáceo malacostráceo decápodo carideo da familia dos crangónidos que habita nas costas do océano Atlántico, desde as illas Británicas até Suráfrica, no Mediterráneo (mares de Alborán, Adriático, Xónico e Exeo) e nas da rexión Indo-Pacífica (Madagascar, Tanzania, Polinesia francesa, Nova Caledonia).[1]
Taxonomía
editarA especie foi descrita en 1877 polo carcinólogo francés Paul Gourret co nome de Crangon lacazei,[1] que máis tarde foi reclasificada no xénero Pontocaris e, finalmente, no Aegaeon.
Nome galego
editarOs profesores F. Lahuerta e F. X. Vázquez propoñen para esta especie, que citan como Pontocaris lacazei, o nome de quisquilla blindada.[2]
Tamén se coñece polos nomes de camarón cascudo ou camarón de Lacaze.[3]
Os nomes noutros idiomas, segundo este autores son:
- Castelán: camarón blindado
- Francés: crevette-crâne
- Inglés: hardshell shrimp
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Aegaeon lacazei (Gourret, 1887) no WoRMS.
- ↑ Lahuerta e Vázquez (2000), p. 223.
- ↑ A Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 30 de xuño de 2022.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Türkay, M. (2001): "Decapoda", en: Costello, M. J. et al. (eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 284-289. ISBN 2-85653-538-0.