Paul Gabriel Marie Gourret, nado o 15 de xaneiro de 1859 en Roquevaire (Bocas do Ródano) e finado en 1903, foi un zoólogo francés recordado polos seus estudos biolóxicos da fauna mariña e polos seus traballos na industria pesqueira. Ademais tamén traballou no estudo das algas.

Paul Gourret
Nome completoPaul Gabriel Marie Gourret
Nacemento13 de xaneiro de 1859
Lugar de nacementoRoquevaire
Falecemento7 de abril de 1903
Lugar de falecementoSuíza
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónzoólogo, carcinólogo e botánico
PremiosOfiacial da Orde das Palmas Académicas, Knight of the Order of Agricultural Merit e Cabaleiro da Lexión de Honra
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou ciencias naturais na universidade de Marsella.

Foi profesor na facutade de ciencias de Lión. En novembro de 1886 foi nomeado profesor adxunto de zooloxía na facultade de medicina de Marsella. Desde maio de 1893 foi director da Estación zoolóxica de Marsella.

Foi membro de Comité asesor de Pescarías Mariñas do Ministerio de Mariña francés e, en 1902, foi nomeado cabaleiro da Lexión de honor.

Algunhas publicacións editar

  • Révision des crustacés podophthalmes de golfe de Marseille suivie d'un essai de classification de la classe des crustacés, 1888
  • Sur les péridiniens du Golfe de Marseille, 1883
  • Considérations sur la faune pélagique du golfe de Marseille, 1884
  • Les pêcheries et les poissons de la Méditerranée (Provence), 1894.[1]

Epónimos editar

O xénero Gourretia, da familia dos Callianassidae foi denominado así no seu honor.[2][3]

Abreviaturas editar

  • A abrevitarura Gourret emprégase para sinalar a Paul Gourret como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar