Universidade Pontificia da Santa Cruz

(Redirección desde «Pontificia Universidade da Santa Cruz»)

A Universidade Pontificia da Santa Cruz é unha institución universitaria situada en Roma, inaugurada o 15 de outubro de 1984. Está a cargo da Prelatura da Santa Cruz e Opus Dei.

Universidade Pontificia da Santa Cruz
Datos xerais
Datos actuais
Datos de contacto
Facebook: UniSantaCroce Twitter: univsantacroce Instagram: unisantacroce.it Dialnet: 3953811 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O 9 de xaneiro de 1990, foi creado o Ateneo Romano da Santa Cruz, autorizado para impartir os estudos en teoloxía e filosofía. En 1998, tras cumprir os requisitos, o papa Xoán Paulo II outorgoulle o título de universidade pontificia.[1] En 2021 ofertaba tamén as licenciaturas de Dereito canónico e Comunicazione istituzionale (en galego, Comunicación institucional). Os graos académicos de licenciatura e doutoramento teñen validez canónica completa.

O Instituto Superior de Ciencias Relixiosas de Apolinar (ISSRA), creado en 1986 e que depende da Facultade de Teoloxía, concede o título de Licenciado en Ciencias Relixiosas co primeiro ciclo, e de Licenciado Maxistral en Ciencias Relixiosas cando se acaba o bienio da especialidade. Ten tamén un Centro de Formación Sacerdotal e un Departamento de Idiomas.

En 2005 tiña 1 400 estudantes de 97 países e en 2009, 7 000 estudantes de 102 procedencias.[2][3] Algúns deles reciben anualmente sostemento económico por parte do Centro Académico Romano Fundación (CARF) para realizar os seus estudos eclesiásticos.[4]

Notas editar

  1. Pontificia Universidad de la Santa Cruz (ed.). "Cronologia". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2013. Consultado o 13 de septiembre de 2013. 
  2. "La Universidad Pontificia de la Santa Cruz celebra 20 años". Zenit.org. 11 de enero de 2005. Consultado o 13 de septiembre de 2013. 
  3. "University of the Holy Cross celebrates 25th anniversary". Rome Reports (en inglés). 6 de noviembre de 2009. Consultado o 22 de abril de 2018. 
  4. "Un sacerdote por 73.000 euros". ABC (España). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar