Pongo (cantante)

cantante angolana

Engracia Domingos da Silva[1], nada o 10 de abril de 1992 en Luanda (Angola), máis coñecida polo seu nome artístico de Pongo, é unha cantante e compositora angolana de kuduro, rap e pop.

Infotaula de personaPongo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de abril de 1992 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Luanda, Angola Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAngola Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Spotify: 17MjqHVqjHRfIKAKen6o34 Musicbrainz: 194eb903-e375-49ed-8aaf-95cff6a801b7 Discogs: 5621243 Allmusic: mn0003854546 Deezer: 14587581 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nada en Luanda, Angola, mudouse coa súa familia a Lisboa, escapando da guerra civil angolana.[2] En Portugal, a súa nai traballo como empregada do fogar e o seu pai como albanel. Viviu nun cuarto de albergue durante cinco anos cos outros catro membros da familia, compartindo cama coas súas dúas irmás.[3]

Durante a súa infancia en Lisboa, viviu nun barrio predominantemente branco e tivo dificultades para integrarse na sociedade, sufrindo discriminación racial na escola. O seu pai era moi estrito e non lle deixaba ter vida social a ela nin ás súas irmás. Por mor destas dificultades, cando tiña 12 anos guindouse dende o sétimo andar do edificio onde vivía, feríndose de gravidade e rompendo unha perna. Durante as fases iniciais de recuparación, non podía andar e o seu pai alcumouna M'Pongo Love, que era o nome dunha cantante congolesa moi coñecida en Angola, que durante unha época non podía andar por un tratamento ineficaz contra a polio.[4]

De camiño a unha das sesións de fisioterapia do outro lado da cidade, nun barrio de inmigrantes africanos, Pongo coñeceu por primeira vez o grupo de kuduro Denon Squad actuando na rúa. Despois da súa recuperación, comezou a bailar co grupo e a cantar rap. Adoptou o nome artístico Pongolove, posteriormente abreviado como Pongo.[5]

A súa participación con Denon Squad levou a coñecer o grupo Buraka Som Sistema. Actuou con eles por primeira vez en 2008 no concerto de Music Box en Lisboa. Nese mesmo ano, fíxose coñecida en Portugal pola canción "Kalemba (Wegue Wegue)", escrita e gravada por ela mesma. Esta canción formou parte da banda sonora dos videoxogos Need for Speed: Shift e FIFA 10, facéndose tamén viral en YouTube, con máis de 10 millóns de visualizacións.[6]

Actuou con Buraka Som Sistema durante dous anos, pero deixou o grupo por disputas relacionadas cos dereitos de autoría da canción "Kalemba (Wegue Wegue)".[7] Após que o seu pai abandoase a familia, Pongo comezou a aceptar traballos temporais para axudar a sustentar a súa familia. Porén, un día escoitou a súa canción "Wegue Wegue" na radio mentres limpaba nunha casa e decidiu volver a centrarse na súa carreira musical.[3]

A súa volta aos escenarios acelerouse en 2018 co lanzamento do seu primeiro EP, "Baia", e en 2019 participou no festival francés Fête de la musique, diante da residencia oficial do daquela presidente Emmanuel Macron, pasando a ser coñecida como a "Diva do Kuduro".[6] En 2020 lanzou o seu segundo EP, "Uwa" (que significa "paso" en kimbundu, unha das linguas oficiais de Angola). En 2020 Pongo gañou o premio Music Moves Europe Talent.[8]

Discografía editar

Álbums editar

Álbums
Ano Detalles
2018 Baia
  • Lanzado o 11 de setembro de 2018[9]
2020 Uwa
  • Lanzado o 7 de febreiro de 2020[10]

Notas editar

  1. Couleur Cafe (31-08-2021). "Pongo". Consultado o 31-08-2021. 
  2. Snapes, Laura (2 de agosto de 2020). "One to watch: Pongo". The Guardian. Consultado o 7 de setembro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Pongo transforma conflitos em música pop". NSC Total. 20 de febreiro de 2020. Consultado o 7 de setembro de 2021. 
  4. Tenaille 2002, p. 134.
  5. Magnien, Gaëlle (13 de marzo de 2020). "Pongo, celle qui a relancé le kuduro et fait danser Brigitte Macron". Brain Magazine. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2021. Consultado o 7 de setembro de 2021. 
  6. 6,0 6,1 "Pongo, a cantora angolana que conquistou a presidência francesa". novojornal. 26 de xuño de 2019. Consultado o 7 de setembro de 2021. 
  7. Hutchinson, Kate (17 de febreiro de 2020). "Pongo Turns Her Struggles Into Pop". New York Times. Consultado o 7 de setembro de 2021. 
  8. "Artista portuguesa PONGO é vencedora dos Music Moves Europe Talent Awards 2020". Blitz. 26 de maio de 2020. Consultado o 7 de setembro de 2021. 
  9. Gomes, Wilds (22 de setembro de 2018). "Luta, superação e conquista dentro da "Baia" de Pongo, o novo EP". Bantumen. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2021. Consultado o 18 de outubro de 2021. 
  10. Magnien, Gaëlle (13 de marzo de 2020). "Pongo, celle qui a relancé le kuduro et fait danser Brigitte Macron". brain-magazine.fr (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2021. Consultado o 18 de outubro de 2021.