Polígono industrial do Tambre
Coordenadas: 42°54′32.8″N 08°30′40.8″O / 42.909111, -8.511333
O polígono industrial do Tambre, situado ó norte da cidade de Santiago de Compostela, acolle a máis de 450 empresas nunha superficie de 1.200.000 metros cadrados. Creado en 1975 e ampliado en 2004, xera uns 6.500 postos de traballo directos.
Conta con servizos de transporte público, vixilancia privada, gardería, edificio de usos múltiples, restaurantes, area de servizo e recollida de lixos. A Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre (AEPIT) creada en 1979 encárgase da defensa dos intereses dos asociados.
Anexo ó polígono atópase o Cemiterio de Boisaca. Importantes empresas como FINSA ou Castrosua teñen as súas factorías moi preto do polígono, malia que non pertencen a el. Os sectores da automoción, dos servizos, da construción, da distribución ou venda e do transporte son os máis presentes neste parque empresarial. Mercagalicia, URO, Gamelsa e Donuts son algunhas das empresas do Tambre.