Mercagalicia
Mercagalicia é unha sociedade cuxo obxectivo é a distribución alimentaria que ten as súas instalacións en Santiago de Compostela, e que comezou a súa actividade en 1993 concentrándose principalmente no sector de froitas e hortalizas.[1]
InstalaciónsEditar
As súas instalacións están no Polígono Industrial do Tambre, no concello de Santiago de Compostela, e contan cunha superfice de 63.000 m2.[1]
As actividades principais realízanse nunha nave de 11.500 m2, e dende o 2004 conta tamén cunha cetaria de marisco.[1]
Tamén hai un edificio administrativo e zona comercial para dar servizos a todos os usuarios do mercado.
No seu recinto tamén se atopa a Plataforma de Distribución da Empresa DIA e a empresa de transportes por estrada Transportes Martínez Souto.[1]
FacturaciónEditar
No ano 2013 comercializáronse en Mercagalicia 14.000 toneladas de froitas, hortalizas e patacas, e 203.000 kg de mariscos.[1]
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Sitio web de Mercagalicia Arquivado 24 de decembro de 2015 en Wayback Machine. (en castelán)