Polígono industrial Vilar do Colo

polígono industrial en Cabanas e Fene
(Redirección desde «Polígono industrial de Vilar do Colo»)

O polígono industrial Vilar do Colo é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada entre os concellos de Cabanas e Fene.

Polígono industrial Vilar do Colo
Avenida de Astano no polígono de Vilar do Colo
Tipopolígono industrial
Data de fundación2000
EnCabanas e Fene
PaísEspaña
43°26′50″N 8°10′29″O / 43.447169444444, -8.1747388888889
editar datos en Wikidata ]

Historia e descrición editar

Foi promovido pola SEPES e os Concellos de Cabanas e Fene[1]. Inaugurado no ano 2000, ten unha superficie de máis de 852.000 metros cadrados desenvolvida en dúas fases.[2]

En 2007 creouse a asociación que agrupa os empresarios asentados no polígono.[3] Ese mesmo ano, María José Caride, daquela como conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, inauguraba a estrada AC-563, que serviría para conectar a zona industrial coa AC-564 (estrada de Cabanas ás Pontes) e, de vez, esta coa VG-1.2 a Mugardos.[4][5]

En 2010 o daquela ministro de Fomento español, José Blanco, presentaba o proxecto para a nova "Base de Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación" que se habería construír no termo fenés.[6]

En abril de 2011 a plataforma ecoloxista ADEGA convocou unha concentración contra da ampliación deste polígono.[7] A modificación -en 2015- da ordenanza que regula os usos de Vilar do Colo fomentou a apertura de novos negocios alén do ámbito industrial.[8][9]

O polígono de Vilar do Colo caracterízase, ademais, por estar atravesado polo Camiño Inglés.[10]

Accesos editar

Notas editar

  1. Concello de Fene. "Polígono industrial Vilar do Colo.". www.fenecidadan.net. Consultado o 2017-05-07. 
  2. "Polígono Industrial Vilar do Colo, Fene-Cabanas". www.ingestin.com (en castelán). Consultado o 2017-05-07. 
  3. P. H. - El Correo Gallego. "Veinticuatro empresas de Fene se asocian en el polígono Vilar do Colo" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2017-05-07. 
  4. La Opinión de A Coruña. "Inaguran la nueva carretera de Vilar do Colo entre As Pontes y Mugardos - La Opinión A Coruña". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2017-05-07. 
  5. Europa Press (2007-11-05). "La nueva carretera de Vilar do Colo en Fene facilitará la comunicación entre As Pontes y Mugardos". europapress.es (en castelán). Consultado o 2017-05-07. 
  6. Web oficial de Salvamento Marítimo. "José Blanco supervisa el inicio de las obras de la Base de Salvamento Marítimo y Lucha contra la Contaminación de Fene (A Coruña)". www.salvamentomaritimo.es (en castelán). Consultado o 2017-05-07. 
  7. García, Antonio. "Concetración-protesta por proxecto ampliación polígono industrial de Fene (Vilar do Colo)". adega.gal. Consultado o 2017-05-07. 
  8. "FENE - El gobierno local trata de abrir el uso de Vilar do Colo al sector comercial". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2017-05-07. 
  9. Carla Elías (2016-01-26). "El cambio de usos del polígono Vilar do Colo incentiva la apertura de negocios". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-05-07. 
  10. "Camino Inglés, Poligono Vilar do Colo, Fene.". vivecamino.com. Consultado o 2017-05-07. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar