Pokémon Go
Pokémon Go é un videoxogo de realidade aumentada para móbil desenvolvido por Niantic e distribuído por The Pokémon Company. Foi lanzado en xullo de 2016 para dispositivos iOS e Android.
O xogo permite ó xogador capturar, combater e adestrar criaturas virtuais, chamadas Pokémon, que aparecen nas pantallas dos dispositivos como se estivesen no mundo real. Para isto emprega a tecnoloxía GPS e a cámara do móbil. O xogo é free-to-play, malia que tamén conta co modelo de compras pola aplicación de contidos adicionais do xogo. Un sistema opcional con bluetooth e tecnoloxía poñible, o Pokémon Go Plus, está pensada nun lanzamento futuro e alertará ós xogadores cando os pokémon se atopen preto.
O xogo converteuse axiña nunha das aplicacións de dispositivo máis exitosas após o seu lanzamento, superando o récord anterior ostentado por Candy Crush Saga nos Estados Unidos, converténdose nun gran pulo das accións de Nintendo. O xogo foi acreditado por popularizar a realidade aumentada, e foi loado polos profesionais médicos por potenciar a mellora da saúde física e mental dos xogadores. Porén, tamén xerou certa controversia por casos de accidentes e perturbación da orde pública nalgúns lugares.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pokémon Go |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial
- Osborn, Alex (9 de xullo de 2016). "Pokemon Go Is the Top Grossing App on the US App Store". ign.com (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2022.
- Cosimano, Mike (12 de xullo de 2016). "Review: Pokemon Go". Destructoid (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2016. Consultado o 18 de xullo de 2016.