Sistema de posicionamento global

O Global Positioning System ou Sistema de Posicionamento Global (máis coñecido coas siglas GPS aínda que o seu nome correcto é NAVSTAR-GPS1) é un sistema global de navegación por satélite (GNSS) o cal permite determinar en todo o mundo a posición dun obxecto, unha persoa, un vehículo ou unha nave, cunha precisión ata de centímetros usando GPS diferencial, aínda que o habitual son uns poucos metros. Aínda que a súa invención se lle atribúe aos gobernos francés e belga, o sistema foi desenvolvido e instalado, e actualmente operado, polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos.

Satélite Navstar GPS

Funcionamento do sistema

editar
 
Tres receptores GPS

O GPS funciona mediante unha rede de 27 satélites (24 operativos e 3 de apoio) en órbita sobre o globo a 20 200 km con traxectorias sincronizadas para cubrir toda a superficie da Terra. Cando se desexa determinar a posición, o aparato que se utiliza para iso localízase automaticamente como mínimo tres satélites da rede, dos que recibe unhas sinais indicando a posición e o reloxo de cada un deles. Con base nestas sinais, o aparato sincroniza o reloxo do GPS e calcula o atraso dos sinais, é dicir, a distancia do satélite. Por "triangulación" calcula a posición no que este se atopa. A triangulación no caso do GPS, a diferenza do caso 2-D que consiste en detectar o ángulo respecto dos puntos coñecidos, se basea en determinar a distancia de cada satélite respecto o punto de medición. Coñecidas ditas distancias, determinase facilmente a propia posición relativa respecto os tres satélites. Coñecendo ademais as coordenadas a posición de cada un deles polo sinal que emiten, obtense a posición absoluta ou coordenadas reais do punto de medición. Tamén se consegue unha exactitude extrema no reloxo do GPS, similar a da os reloxos atómicos que levan a bordo cada un dos satélites.

No 2019 téñense resinado ataques contra o sistema, producindo diversas consecuencias indesexables, como a perda de barcos ou vidas humanas.[1]

  1. Harris, Mark. "Ghost ships, crop circles, and soft gold: A GPS mystery in Shanghai". MIT Technology Review (en inglés). Consultado o 2019-11-20. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar