Os omaha[1] son un pobo indíxena recoñecido federalmente como unha tribo, que reside na reserva india Omaha no nordeste de Nebrasca e o oeste de Iowa, nos Estados Unidos de América. A finais do século XVII, os omaha migraron dende a área do alto Missouri e as chairas até o val do río Ohio. Falan a lingua omaha, unha lingua síux moi semellante á fala dos ponca. Os ponca formaban parte dos omaha antes de separarse noutra tribo a mediados do século XVIII.

Pobo omaha
Bailarín tradicional omaha.
Poboación
Poboación total:
6 000
Rexións principais:
Estados Unidos de América Estados UnidosNebrasca e Iowa
Aspectos culturais
LinguaLingua omaha-ponca e sinais dos indios das chairas
RelixiónRelixión tribal tradicional, Danza do Sol,
Native American Church, Cristianismo
Grupos
relacionados
Síux

Arredor do ano 1770, os omaha convertéronse no primeiro pobo das chairas do norte en adoptar a cultura ecuestre.[2] Desenvolvendo "The Big Village" (Ton-wa-tonga) en 1775 no norte de Nebrasca, os omaha crearon unha gran rede de comercio cos primeiros colonos europeos e os exploradores francocanadenses. Controlaron o comercio da pel e o acceso a outras tribos do alto Missouri.

Omaha, Nebrasca, a meirande cidade do estado, leva o seu nome por este pobo. Non se coñece que se ergueran en armas contra os Estados Unidos, e axudaron ó bando unionista na guerra civil estadounidense.

Notas editar

  1. Definición de omaha no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Paulette W. Campbell, "Ancestral Bones: Reinterpreting the Past of the Omaha" Arquivado 11 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine., Humanities, November/December 2002, Volume 23/Number 6, consultado o 26 de agosto de 2011