Reserva india Omaha

reserva india dos Estados Unidos de América

A Reserva india Omaha da tribo omaha, recoñecida federalmente, atópase no Condado de Thurston, Nebrasca, con seccións nos condados veciños de Cuming e Burt, ademais do Monona en Iowa. Segundo o censo federal de 2000, a reserva tiña unha poboación de 5.194. A sede do goberno tribal está en Macy.[1] As vilas de Rosalie, Pender e Walthill están dentro dos límites da reserva. Por mor da venda de terras na zona dende que se estableceu a reserva, a xurisdición tribal de Pender está en disputa.

Modelo:Xeografía políticaReserva india Omaha

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°05′33″N 96°32′09″O / 42.0925, -96.5358Coordenadas: 42°05′33″N 96°32′09″O / 42.0925, -96.5358
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoNebrasca Editar o valor em Wikidata
CapitalMacy Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación4.526 (2020) Editar o valor em Wikidata (0,06 hab./km²)
Xeografía
Superficie80.288 km² Editar o valor em Wikidata
Creación1854 Editar o valor em Wikidata

Estableceuse unha reserva de 12.421 acres (50,27 km²) por un tratado de data 16 de marzo de 1854. A tribo escolleu as terras coa aprobación do presidente o 11 de maio de 1855. Un tratado do 6 de marzo de 1865, seguido por dúas leis do Congreso o 10 de xuño de 1872 e o 22 de xuño de 1874 ratificaron o acordo.

O 31 de xullo de 1874, a tribo traspasou parte das súas terras ós Ho-Chunk (tamén coñecidos como Winnebago) para formar a Reserva india Winnebago ó norte da reserva Omaha. Esta acción foi ratificada o 7 de agosto de 1882 e por unha lei do Congreso de data 3 de marzo de 1893.[2]

Notas editar

  1. "Omaha Tribe" Arquivado 29 de xullo de 2007 en Wayback Machine., Nebraska Indian Commission. Consultado o 28 de xuño de 2008.
  2. "Brancroft, Cuming County" Arquivado 07 de outubro de 2008 en Wayback Machine., University of Nebraska-Lincoln, consultado o28 de xuño de 2008.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar