Coiraza (tartarugas)

(Redirección desde «Plastrón»)
Para outro significado véxase Coiraza.

A coiraza [1] ou casca das tartarugas é a cuberta exterior dura que protexe o seu corpo.

A imaxe da dereita mostra o plastrón dunha Testudo hermanni. Á esquerda o escudo do mesmo exemplar.
Un esqueleto de tartaruga mostrando como a coiraza ou casca se conecta co resto do esqueleto.

Está formada xeralmente por placas óseas revestidas de placas queratinizadas e, ás veces, só por placas córneas.

Divídese no plastrón (parte ventral) e o espaldar (parte dorsal), unidas pola ponte.

Para formaren a coiraza, a columna vertebral e as costelas fusiónanse formando placas baixo a pel. Exteriormente, a pel está cuberta por placas córneas que a protexen de maneira máis eficaz.[2][3]

As coirazas de moitas tartarugas presentan cores brillantes con motivos orixinais que permiten identificar individuos da mesma especie a certa distancia.

Plastrón

editar
 
Pezas do plastrón.
 
Pezas do escudo.

O plastrón ou peto [4] é a parte case plana da estrutura da coiraza da tartaruga. É a parte que cobre o ventre, cunha capa externa de material dividido en placas e unha capa subxacente de ósos que se entrecruzan.

As placas do plastrón únense ao longo dunha sutura. A lonxitude relativa dos segmentos poden utilizarse para identificar as especies.

Ademais da nucal (1), hai seis pares de placas laterais simétricas no plastrón: gular (2), umeral (3), pectoral (4), abdominal (5), femoral (6) e anal (7) (os números refírense á súa localización no debuxo adxunto).

Nalgunhas familias de quelonios hai unha bisagra entre as placas pectorais e abdominais (segmentos 8, 9 e 10 do debuxo) que permiten á tartaruga pecharse case completamente.

En determinadas especies, pode determinarse o sexo da tartaruga examinando o plastrón: se é cóncavo, é macho, e de ser convexo, femia. Isto débese á posición que adoptan para o apareamento.

As suturas das placas abdominais e gulares son dun tamaño equivalente, ao igual que as das placas pectorais e femorais.

A comparación da configuración do plastrón serve para distinguir asa especies.

Espaldar

editar

O espaldar é a parte dorsal da coiraza das tartarugas, formada, como o peto, por escudos córneos e placas óseas soldadas ás vértebras e ás costelas.

Entrte as pezas ou placas do espaldar distínguense a nucal, as centrais, as marxinais, as costais e as supracaudais (véxase o esquema adxunto).

  1. "coiraza no dicionario da [[RAG]].". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 01 de xaneiro de 2013. 
  2. A. S. Romer (1956): Osteology of the Reptiles. University of Chicago Press.
  3. R. Zangerl (1969): "The turtle shell", en C. Gans, D. d'A. Bellairs & T. A. Parsons (eds.) Biology of the Reptilia Volume 1. London: Academic Press, pp. 311–340.
  4. "plastrón no dicionario da [[RAG]].". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 01 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6.
  • Devillers, Ch. e P. Clairambault: Vertebrados. Anatomnía comparada. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 2). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
  • Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
  • Remane, A., Storch, V. e Welsch (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal.. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar