Plano secuencia
Un plano secuencia é, no cinema e na televisión, unha técnica de planificación de rodaxe que consiste na realización dunha toma sen cortes durante un tempo bastante dilatado, podendo usar travellings e diferentes tamaños de planos e ángulos no seguimento dos personaxes ou na exposición dun escenario. Pódese utilizar para un efecto dramático e narrativo se se fai correctamente, e en tomas en movemento a miúdo lógrase mediante o uso dunha plataforma rodante ou unha steadicam.
Un dos máis famosos planos secuencia da historia do cine pertence ó comezo do filme Touch of Evil de Orson Welles, no que o suspense, centrado en cando estalará unha bomba colocada nun coche que atravesa o centro da cidade, combínase coa presentación da parella protagonista, todo iso envolto polo ritmo sincopado dun tema de Henry Mancini.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Bibliografía
editar- A History of Narrative Film, de David Cook (ISBN 0-393-97868-0)