Pizza Móvil

empresa galega de comida rápida

Pizza Móvil é nome comercial de Vidisco S.L., unha empresa de comida rápida nacida en Vigo en 1989. Actualmente a empresa pertence ao grupo portugués Ibersol, e conta con 67 locais en toda España, algunhas delas franquiadas, posiciónase como a terceira empresa do sector no estado.

Pizza Móvil
Logo Pizza Móvil Pontevedra.jpg
TipoPrivada
Fundación1989
LocalizaciónVigo
IndustriaAlimentaria
Páxina webwww.pizzamovil.es
editar datos en Wikidata ]
Establecemento no Porriño.

HistoriaEditar

Pizza Móvil é unha empresa de comida rápida e distribución a domicilio, especializada na elaboración de pizzas, nacida en Vigo, onde ten a súa sede operativa. Conta con 2 fábricas no Porriño (provincia de Pontevedra) e en Barcelona. Orixinariamente nace dunha mesma raíz que Telepizza, pero por desencontros de directivos deciden separarse seguindo a súa evolución como empresas separadas.

En Asturias a súa primeira tenda colocárona en Siero, no complexo Parque Principado, para instalarse posteriormente en Xixón, Oviedo e Avilés. Seguindo un plano de expansión abrirán dúas novas tendas en Xixón e Oviedo, así como en La Felguera e Mieres.

As súas masas son frescas e están avaladas polo selo de Galicia Calidade[1].

NotasEditar

  1. Masa fresca para pizzas "Pizza Móvil", artigo en www.galiciacalidade.es.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar