Pitohui

páxina de homónimos de Wikimedia
Pitohui dichrous

Os pitohuis son aves inicialmente clasificadas no xénero Pitohui endémicas de Nova Guinea.

TaxonomíaEditar

Ao principio seis especies estaban clasificadas xuntas no xénero Pitohui e na familia Pachycephalidae. Mais foron separados en 2013 cando o xénero e dúas das especies foron reclasificadas na familia Oriolidae e outras tres especies ficaron en Pachycephalidae nos novos xéneros Melanorectes e Pseudorectes. Unha especie foi colocada na familia Oreoicidae.[1]

As especies están, polo tanto, separadas nas tres familias seguintes:

OreoicidaeEditar

  • Ornorectes cristatus

PachycephalidaeEditar

  • Melanorectes nigrescens
  • Pseudorectes incertus
  • Pseudorectes ferrugineus

OriolidaeEditar

  • Pitohui kirhocephalus
  • Pitohui cerviniventris
  • Pitohui uropygialis
  • Pitohui dichrous

DescriciónEditar

Son paxaros omnívoros e de cores rechamantes. O P. dichrous é dunha cor rechamante, cun bandullo de cor vermello tixolo e unha testa acibeche. Os pitohuis variábeis (P. kirhocephalus e P. uropygialis), coma o seu nome indica, poden presentar diferentes formas e chegáronse a nomear 20 subespecies con diferentes patróns nas plumas. Dúas destas subespecies son moi parecidas ao P. dichrous.

Comportamento e ecoloxíaEditar

A pel e as plumas dalgúns pitohuis, en especial os pitohui variábeis e o P. dichrous, conteñen poderosos alcaloides neurotóxicos do grupo da batracotoxina (tamén segregada polas ras colombianas do xénero Phyllobates). Crese que estes alcaloides serven como defensa química, tanto contra ectoparasitos coma contra outros depredadores como as cobras, as aves de rapina ou os humanos.[2] Os paxaros probablemente non produzan a batracotoxina eles mesmos, senón que se supón que xorde grazas á un escaravello do xénero Choresine que forma parte da súa dieta.[3]

As cores rechamantes das aves poden ser tratadas coma un exemplo de aposematismo e a semellanza entre o P. dichrous e algunhas formas de pitohuis variábeis poden ser considerados un exemplo de mimetismo mülleriano, no cal as especies en perigo gañan unha vantaxe compartindo cor, de xeito que se aparece un depredador vai querer evitar a ambos.[4]

Relación cos humanosEditar

Debido á súa toxicidade, os papúas[5] chámanos paxaros lixo xa que non son bos para comer. Con todo, en momentos de desesperación, poden ser consumidos, mais só despois de extraer as súas plumas e pel e de cubrir a súa carne en carbón e logo asala. (Piper, 2007)

Na cultura popularEditar

Unha das personaxes principais da novela lixeira Sword Art Online Alternative Gun Gale Online, e no seu anime homónimo, emprega pitohui como nome de usuario en referencia a esta ave.[6]

NotasEditar

  1. "Taxonomy 3.1-3.5 « IOC World Bird List". www.worldbirdnames.org (en inglés). Consultado o 2017-01-29. 
  2. (Dumbacher, et al., 1992)
  3. "(Dumbacher, et al., 2004).". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2012. Consultado o 26 de maio de 2018. 
  4. (Dumbacher & Fleischer, 2001)
  5. "Definición da palabra papúa". academia.gal. Consultado o 2018-05-26. 
  6. "Pitohui". MyAnimeList.net (en inglés). Consultado o 2018-05-26. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar