Sword Art Online

serie de novelas lixeiras escritas por Reki Kawahara e con ilustracións de Abec

Sword Art Online (ソードアート・オンライン Sōdo Āto Onrain?) é unha serie de novelas lixeiras escritas por Reki Kawahara, con ilustracións de Abec. Foi adaptado a diversos formatos, entre os que se atopan un anime con dúas temporadas[1], varios videoxogos e mangas.[2]

Arcos argumentais editar

Aincrad editar

Todo comeza no ano 2022, cando se desenvolve un VRMMORPG (Virtual Reality Massive Multiplayer Online Role Playing Game ) chamado Sword Art Online(SAO), no que 10000 xogadores quedan atrapados sen posibilidade de desconectarse. Para poder abandonar este mundo deben lograr superar os cen niveis do xogo, pero morrer no mundo de Sword Art Online significa morrer tamén no mundo real. Kazuto "Kirito" Kirigaya é un dos xogadores que queda atrapado no xogo, o cal, xunto con Asuna e outros xogadores, intentará chegar ao último nivel. Pero no camiño ao nivel cen atópase co creador de SAO, Akihiko "Heathcliff" Kayaba, o que o levará a un combate que resulta coa derrota de Kayaba e a destrución do mundo de SAO. Antes do fin do xogo, todos os xogadores sobreviventes son regresados á realidade, incluído Kirito.

Fairy Dance editar

Kirito esperta no mundo real, despois de superar SAO, para descubrir que Yuuki Asuna é cativa nutro VRMMORPG, ALfheim Online (ALO) xogo sucesor de Sword Art Online(SAO), así como un total de 300 xogadores de SAO que non espertaron. Estes xogadores son parte dun grupo de experimentación nunha investigación secreta e ilegal sobre realidade virtual realizada por Sugou Nobuyuki, "noivo" de Asuna e director da investigación, que mantén a Asuna online no mundo de ALO. Kirito decide rescatar Asuna da súa prisión e coa axuda de Suguha "Leafa" Kirigaya (prima/irmá de Kirito) embárcase na misión de derrotar o Rei deste mundo, que non é outro que o mesmo Sugou Nobuyuki, e así volver a estar xuntos con Asuna no mundo real.

Phantom Bullet editar

Este arco ten lugar un ano despois da conclusión SAO cando Kirito recibe unha chamada do investigador Seijirou Kikuoka para falar sobre un estraño caso relacionado co xogo Gun Gale Online(GGO). Un xogador misterioso chamado Death Gun é capaz de matar personaxes no xogo, e, á súa vez, matar ás persoas que os controlan no mundo real. Kirito vai entrar no xogo para investigar como é isto posible. Aquí coñecerá a Shino "Sinon" Asada, que será a súa guía neste novo mundo. De todos os videoxogos do seu estilo este é o máis competitivo, xa que a moeda do xogo pode ser trocado por moeda utilizada no mundo real, levando a profesionais de alto nivel intentar gañar a vida por este medio. Kirito e Sinon entran nunha importante competición en Gun Gale Online chamada Bullets of Bullets (BoB), onde Kirito tentará atopar a Death Gun e descubrir a verdade.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar