Pishtaco
O pishtaco ou nakaq é un ser mitolóxico da tradición andina peruana. A palabra pishtaco provén do quechua pishtay (cortar en tiras); a lenda do pishtaco o pishtaku como asasino a soldo xorde entre a poboación dos Andes peruanos, en especial nos departamentos de Junín, Huancavelica, Cuzco, Ayacucho, Apurimac, Pasco e a serra de Lima.
Segundo Tauro del Pino no seu dicionario enciclopédico do Perú trataríase dun bandoleiro cuxa ocupación é asaltar mulleres ou homes solitarios. Degola ás súas vítimas para comer a súa carne en forma de roxóns e vender a graxa. Ou ben as enterra, ás veces con vida, para fecundar a terra ou dar solidez ás construcións.
A figura do pishtaco aparece dende moi antigo na tradición quechua, xa se teñen novas de sicarios enviados polos grupos de poder ou etnias rivais para eliminar a persoas importantes ou minguar a poboación en épocas prehispánicas.
Ricardo Palma menciona nas súas Tradiciones Peruanas (Los Barbones) a figura do pishtaco ou naqak en Cuzco, narra a agresión que os indíxenas cusqueños infrinxiron a un grupo de betlemitas acusándoos de pishtacos, pois a dicir destas persoas os frades secuestraban persoas as que extraían a graxa para elaborar os ungüentos cos que curaban no hospital que tiñan ao costado da súa igrexa e mosteiro.
O seu aspecto
editarAdoita tratarse dun estranxeiro, un foráneo. Descríbeno coma un home alto e loiro de ollos claros e complexión atlética.
O seu modus operandi
editarO pishtaco é un bandoleiro solitario, carece de compañía ou apoio, se é capturado pola poboación matarase para non revelar os seus segredos; non así se o capturan as autoridades, pois crese que actúa baixo o amparo do goberno coma un axente secreto. Actúa protexido pola soidade dos camiños que unen as vilas, ataca a persoas soas que viaxan distraidamente; agarda por elas nun recodo do camiño e as degola inmediatamente sen darlles posibilidade de defensa. Para iso emprega unha especie de coitelo corvo moi afiado e groso que agocha entre as súas roupas.
As vítimas
editarO pishtaco non mata por gusto, nin indiscriminadamente; ataca só a persoas de baixos recursos, viaxeiros; pénsase que é enviado por alguén poderoso, probablemente un estranxeiro, cun fin específico. Os cadáveres das súas vítimas son empregados para extraerlles a graxa e empregala en diversas cosas.
Din que os colonizadores asentados na zona andina asasinaban a poboadores comúns baixo cargos de herexía ou desacato.
Un asasino protexido
editarSe ben o pishtaco actúa de xeito solitario, recibe apoio indirecto. A poboación está convencida de que é un axente do goberno ou que -podendo ser enviado dun país estranxeiro- conta co apoio dos poderes locais facendo que poida gozar de total impunidade. É esta a principal causa pola que a xente non se animou a denuncialos, pois temen que ao facelo sexan castigados ou desaparecidos por atentar contra os intereses económicos do Estado.
Evolución do personaxe
editarA imaxe do pishtaco evolucionou dentro do imaxinario colectivo, dende un sicario indíxena durante o incario, ata un gringo habilidoso co oficio de degolar semellantes; pasando por tipos europeos. Ao parecer reflicte unha metáfora con respecto á explotación foránea dos lugareños.
Literatura
editarA figura do pishtaco está moi presente na novela Lituma en los Andes de Mario Vargas Llosa. Tamén faise personaxe no conto homónimo de Dante Castro.