Pípidos

(Redirección desde «Pipidae»)

Os pípidos (Pipidae) son unha familia de anfibios anuros primitivos que carecen de lingua. As 30 especies desta familia encóntranse na Suramérica tropical (o xénero Pipa) e na África subsahariana (outros catro xéneros).

Pipidae
Rango fósil: do cretáceo inferior ao recente

Hymenochirus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Subclase: Lissamphibia
Superorde: Batrachia
Orde: Anura
Suborde: Mesobatrachia
Familia: Pipidae
Distribución dos Pipidae (en negro).
Distribución dos Pipidae (en negro).

Distribución dos Pipidae (en negro).
Pipa pipa (sapo de Suriname).

Estes anfibios son exclusivamente acuáticos e teñen numerosas modificacións para adaptarse ao seu hábitat. Por exemplo, os pés teñen membranas interdixitais completas, o corpo é aplanado, e presentan sistema da liña lateral.[1] Ademais, os pípidos posúen oídos moi modificados para recibir sons baixo a auga. Carecen de lingua ou de cordas vocais, mais teñen barras óseas na larinxe coas que poden emitir sons. En tamaño van desde os 4 aos 19 cm de lonxitude, segundo a especie.[2]

O rexistro fósil dos pípidos é relativamente bo, xa que se coñecen 12 especies extintas. Seis delas están situadas no xénero que aínda existe hoxe Xenopus, e as restantes en xéneros extintos. Estes fósiles atopáronse en África, Suramérica, e en Oriente Próximo e datan desde o cretáceo inferior.[2]

Xéneros

editar

Familia Pipidae

  1. "AmphibiaWeb: Pipidae". Berkeley, California: AmphibiaWeb. Consultado o 2009-10-25. 
  2. 2,0 2,1 Zweifel, Richard G. (1998). Cogger, H.G. & Zweifel, R.G., ed. Encyclopedia of Reptiles and Amphibians. San Diego: Academic Press. pp. 86–87. ISBN 0-12-178560-2. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar