Pietro della Valle

Pietro Della Valle, nado en Roma o 2 de abril de 1586 e finado ib. 21 de abril de 1652, foi un explorador italiano que viaxou por todo Oriente Próximo, chegando á India.

Pietro della Valle
Pietro Della Valle.jpg
Nacemento11 de abril de 1586
 Roma
Falecemento21 de abril de 1652
 Roma
SoterradoSanta Maria in Aracoeli
NacionalidadeEstados Pontificios
Ocupaciónexplorador, compositor e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu nunha familia rica e nobre. Os seus primeiros anos de vida dedicounos ao cultivo da música, da literatura e das armas. Recibiu unha esmerada educación, estudando latín, a mitoloxía grega, a clásica e a Biblia. Tamén se converteu en membro da Academia de Umoristi, adquirindo certa reputación como retórico.

En 1606 escribiu os versos para unha pequena ópera, Il carro di fedeltà d'amore, que é considerada o primeiro exemplo de melodrama sobre argumento profano en Roma. O seu mestre de clavicémbalo, Paolo Quagliati, compuxo a música, que foi impresa en 1611.

En 1614 iniciou as súas viaxes, partindo de Venecia. Pasou un ano en Constantinopla, onde estudou turco e árabe. Logo continuou a súa travesía por Exipto, a Terra Santa, Arabia, Persia,(foi durante esa viaxe no que descubriu en 1616 o código Hammurabi), e India, volvendo a Italia en 1626. A narración das súas viaxes baseada nas súas cartas aparece en dous volumes (1650-1658).

Interesado nas ruínas das cidades da antiga cultura mesopotámica, levou a Europa algúns ladrillos con inscricións da escritura cuneiforme, sendo os primeiros exemplos desa escritura na Europa moderna.[1]

Foi tamén o introdutor do gato persa en occidente.[2]

ObrasEditar

  • Il Carro di Fideltà d’amore, Robletti, Roma, 1611.
  • Viaggi di Pietro Della Valle il pellegrino, descritti da lui medesimo in lettere familiari all'erudito suo amico Mario Schipano, divisi in tre parti cioè: la Turchia, la Persia e l'India. Colla vita e ritratto dell'autore. Torino, 1843.
  • Discorso sulla musica dell'età nostra, 1640.

NotasEditar

  1. The Sumerians: Their History, Culture and Character, by Samuel Noah Kramer, University of Chicago Press, 1963, p. 7
  2. "Historia del Persa". mundoanimalia.com (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2020.