Pierre le Gentilhomme

numismático francés


Pierre le Gentilhomme, nado en Fécamp o 2 de novembro de 1909 e finado en Neuilly-sur-Seine o 16 de xuño de 1947,[1] foi un numismático francés, vinculado ao Gabinete de Moedas e Medallas da Biblioteca Nacional de Francia.[2][3][4]

Infotaula de personaPierre le Gentilhomme
Biografía
Nacemento2 de novembro de 1909
Morte16 de xuño de 1947 (37 anos)
Neuilly-sur-Seine, Altos do Sena.
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Francesa.
EducaciónÉcole des Chartes.
Coñecido porPresidente da SFN.
Director de Revue numismatique.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Pierre le Gentilhomme recibiu a súa formación na École des Chartes, onde se graduou en 1931 como arquiveiro paleógrafo,[4] cunha tese sobre a institución dos Monnoyers du Serment de l'Empire no reino de Arles.[2][3]

Esa tese valeulle o seu nomeamento no Gabinete de Moedas e Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, inicialmente como auxiliar o 1 de novembro de 1932,[3] e máis tarde como titular, o 26 de xaneiro de 1937.[2]

Logo da interrupción da segunda guerra mundial, na que en 1939 foi prisioneiro e logo liberado, o 15 de marzo de 1944 foi nomeado conservador adxunto do Gabinete.[3] Le Gentilhomme foi tamén profesor na École des Chartes, na École des Hautes-Études e no Collège de France.[2][5]

Como numismático, centrou o seu interese nas emisións monetarias dos emperadores romanos do século III, así como nas cuñaxes e a circulación monetaria nos reinos bárbaros de Occidente.[5] Tamén é de salientar a súa colaboración no Manuel de numismatique française, do seu antigo profesor Adolphe Dieudonné.[2]

En 1945 ingresou como membro residente na Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia, e tamén foi membro da Sociedade Francesa de Numismática, entidade que presidiu entre 1944 e 1946. Nesta última, formou parte da tríade de directores da Revue numismatique entre 1945 e 1947, revista na que publicou moitos dos seus artigos.[3][6]

Pierre le Gentilhomme finou en Neuilly-sur-Seine, no departamento de Altos do Sena, o 16 de xuño de 1947, aos 37 anos.[3][5][6]

Notas editar

  1. "Pierre Le Gentilhomme (1909-1947)". BnF Data (Data.bnf.fr).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Babelon, J. (1948). Páxina 177.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Pierre Le Gentilhomme (1909-1947)". En Gallia. Vol. 5. Nº 2. 1947. Páxina 318.
  4. 4,0 4,1 "Le Gentilhomme, Pierre Jean Auguste". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS).
  5. 5,0 5,1 5,2 R. L. (1952).
  6. 6,0 6,1 Babelon, J. (1948). Páxina 178.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Predecesor:
Jean Babelon
Presidente da
Sociedade Francesa de Numismática

1944-1946
Sucesor:
Henri Longuet