Pier Gerlofs Donia

Pier Gerlofs Donia, nado contra 1480 en Kimswert e finado en 1520 en Snits, foi un guerreiro, rebelde e pirata frisón que se converteu nun heroe popular, máis coñecido polo alcume "Grutte Pier" (o "Gran Pedro" na antiga ortografía do frisón) polo seu gran tamaño.

Pier Gerlofs Donia
Grutte Pier (Pier Gerlofs Donia), 1622, book illustration.JPG
Nacemento1480
 Kimswerd
Falecemento28 de outubro de 1520
 Snits
Ocupaciónguerreiro, labrego e pirata
editar datos en Wikidata ]
Ilustración dun libro de 1622 cunha imaxe ficticia de Gutte Pier

TraxectoriaEditar

Pier Gerlofs era fillo de Fokel Sybrants Bonga e Gerlof Piers, o pai era de orixe labrega mentres a nai procedía da nobreza.[1] Pier era descendente de Haring Harinxma (1323–1404) e primo terceiro de Jancko Douwama. O 29 de xaneiro de 1515 mercenarios saxóns ao servizo de Xurxo de Saxonia saquearon Kimswert, violaron e asasinaron á súa dona e queimaron a igrexa local e as propiedades de Donia[2] e este comezou a chamar á loita contra os ocupantes, armando un grupo de rebeldes coñecidos como A esperanza negra que contaron co apoio de Carlos de Egmond, duque de Gelre e que consistían principalmente de campesiños pobres, nobres empobrecidos e delincuentes que actuaron como piratas principalmente contra buques holandeses e ingleses, sobre todo no Zuiderzee. Na maior batalla, que se produciu en 1515, capturaron 28 navíos holandeses.

 
"A bravura de Grote Pier", 1516, obra de Johannes Hinderikus Egenberger

O 24 de xuño 1517, Grutte Pier e o seu grupo, consistente en 4000 homes procedente de Frisia e Gueldria, saíron de Frisi, aportaron preto de Wervershoof e avanzaron ata Medemblik, capturárona, matando a moitos dos seus habitantes e facendo a moitos outros prisioneiros, sen conseguir conquistar o Castelo de Medemblik, defendido por Joost van Buren, prendéronlle lume a cidade, o que tamén fixeron en Alkmaar. Conquistaron tamén a cidade de Asperen, utilizándoa como base.[3] En resposta a eses ataques e o fracaso do Capitán Xeneral de Amstelland, Waterland e Gooiland en defender os seus territorios o Stadhouder de Holanda organizou unha frota de guerra en xullo de 1517, comandada por Anthonius van den Houte e aínda que comezou con éxito, queimando algúns navíos frisóns preto de Bunschoten, Grutte Pier respondeu tomando 11 dos seus navíos nunha batalla preto de Hoorn en 1518.[4], e pouco despois desa vitoria Pier derrotou a 300 holandeses en Hindeloopen[5], segundo a lenda fixo repetir os prisioneiros un shibboleth para distinguir os frisóns dos infiltrados holandeses e baixoalemáns

Bûter, brea en griene tsiis, wa't dat net sizze kin is gjin oprjochte Fries (Manteiga, pan e queixo verde: se non o podes dicir, non es un verdadeiro frisón).[6]

Malia os seus éxitos, non puido impedir que Frisia seguise baixo o control dos burgundios e desilusionado retirouse en 1519 deixando a xefatura dos seus homes a Wierd Jelckama [7] e morreu pacificamente na súa casa de Snits[8] o 18 de outubro de 1520.[9].

NotasEditar

  1. J.J. Kalma. Grote Pier Van Kimswerd (1970), p. 51. ISBN 90-70010-13-5.
  2. Kalma, J.J. (1970). (ed.) de Tille, ed. Grote Pier Van Kimswerd. Netherlands. p. 67. ISBN 90-7001-013-5. 
  3. Beekman, Martinus. Beschreiving van de Stad en Baronnie Asperen. Vertoonende haare oudheid, gebouwen, hooge, en verdere regeering, ens. Utrecht, Mattheus Visch, 1745.
  4. Sicking, Louis (2004), History of Warfare, Volume 23: Neptune and the Netherlands State, Economy, and War at Sea in the Renaissance, ISBN 90-04-13850-1, Page 294
  5. Geldersche Volks-Almanak Published 1853
  6. Kellman, Steven G. (2003), Switching Languages: Translingual Writers Reflect on Their Craft, University of Nebraska Press, ISBN 0-8032-2747-7, Page 10
  7. Kok, Jacobus (1791). "Pier Gerlofs Donia". Vaderlandsch Woordenboek. 24 (P–R).
  8. Fries Scheepvaart Museum, Object number 1992-257
  9. Kalma, J.J. (1970). (ed.) de Tille, ed. Grote Pier Van Kimswerd. Netherlands. p. 50. ISBN 90-7001-013-5.