Pico Moncalvo

O pico Moncalvo[1] é un dos cumios da Serra Segundeira, nos montes de León do macizo Galaico[1]. Ten 2.044 m de altitude. Encóntrase no concello español de Porto, pertencente á provincia de Zamora e á comunidade autónoma de Castela e León. No seu cume hai un vértice xeodésico da Rede Xeodésica Nacional española.[1]

SituaciónEditar

Encóntrase situado na parte máis elevada da Serra Segundeira, rodeada de terreos de pasto, a uns 6 km ao sur de Pena Trevinca e nas proximidades da lagoa de Lacillo e das lagoas de Herbosas.[1]

AccesosEditar

 
Vista do pico Moncalvo dende o seu cumio.

Dende Porto pola estrada cara á N-525 e que empalma no km 418,9. Unha vez percorridos 1,2 km éntrase, só en vehículo todo terreo, á esquerda, pola pista de terra que ten indicador aos encoros de Valdesirga e Moncabril. Aos 3 km a pista bifúrcase, polo que se continúa pola esquerda. Percorridos 8,1 km déixase un camiño á dereita, aos 10,1 km pásase xunto ao encoro Segundeira e aos 12,2 km pola lagoa Pequena. Séguese, chegando aos 14,7 km ao encoro da Lagoa Cárdena, onde hai un refuxio de Comporteiros, do encoro de Unión Eléctrica Madrileña e aos 16,8 km pola de Barrancones, que se pasa pola súa parte inferior. Aos 16,9 km a estrada bifúrcase, séguese á esquerda e aos 21 km chégase á mallada de pastores de San Justo; continúase, en tempo seco, co vehículo monte a través ata o cumio[1].

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar