O pico Almanzor, tamén coñecido como Plaza del Moro Almanzor, é unha montaña do centro da Península Ibérica, o cumio máis alto da serra de Gredos e de todo o Sistema Central, con 2592 msnm de altitude e unha prominencia de 1690 m. Está considerada un «pico ultraprominente», categoría que inclúe ás montañas cunha prominencia maior de 1500 m.

Modelo:Xeografía físicaPico Almanzor
(es) Pico Almanzor Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaprovincia de Ávila, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°14′48″N 5°17′52″O / 40.2467, -5.2978
CordilleiraSerra de Gredos Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude2.591 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica1.689 m Editar o valor en Wikidata
Historia
Cronoloxía
setembro de 1899 primeira ascensión Editar o valor en Wikidata
O pico Almanzor dende a Lagoa Grande de Gredos, no Circo de Gredos.

Localízase na provincia castelán-leonesa de Ávila, España. O seu cumio forma parte da divisoria entre os municipios de Zapardiel de la Ribera e Candeleda.

O Almanzor é un pico moi pouco erosionado, de formación granítica, levantado durante a oroxenia alpina. Pertence ao chamado Circo de Gredos e o seu ámbito é hábitat dunha subespecie da píntega común, Salamandra salamandra almanzoris, que toma o seu nome do pico e que é endémica duns poucos vales glaciares da serra.

O seu nome provén de Almanzor, líder militar e relixioso durante o Califato de Córdoba. A lenda conta que Almanzor foi o primeiro en subir a este pico.