O piano eléctrico (E-Piano ou EP, sigla utilizada nos teclados modernos) é unha modalidade de piano que, como di o nome, é eléctrico. Acadou gran popularidade durante as décadas de 1960 e 1970. Por seren máis lixeiros e portátiles, empregáronse tanto na substitución do piano común como na utilización do piano en escolas por poderen ser empregados con altofalantes.

Piano eléctrico Fender Rhodes, modelo Suitcase 61

Historia

editar
Vierling-Förster piano (1937)[3][4]
Storytone (1939) by Story & Clark and RCA[5][6][7]

Os primeiros pianos eléctricos foron producidos na década de 1920. O Neo-Bechstein electric grand piano, de 1929, foi o primeiro que se deseñou. O piano eléctrico Vierlang-Forster foi presentado en 1937. O piano eléctrico de RCA Storytone foi construído en 1939 coa participación de Story & Clark e RCA. Foi deseñado polo deseñador industrial estadounidense John Vassos e foi presentado por primeira vez na Feira Mundial de 1939.

Eses tipos de piano deixaron de se producir; os últimos que foron fabricados construíronse a mediados da década de 1980.

Moitos artistas pop famosos utilizaron pianos eléctricos, como é o caso The Beatles ("Get Back", por Billy Preston), Pink Floyd ("Sheep"), Billy Joel ("Just The Way You Are"), Stevie Wonder ("You Are the Sunshine Of My Life") e Radiohead ("Everything in Its Right Place" e "Morning Bell") entre outros. Nestas cancións, os artistas empregaron o piano eléctrico da marca Fender Rhodes.

Funcionamento

editar
 
Piano eléctrico Wurlitzer, modelo 200A

Diferente do piano dixital (ou piano electrónico), cun son producido de forma dixital, o piano eléctrico ten o seu son producido de forma electroacústica. O son prodúcese mecanicamente e os seus sons transfórmanse en sinais eléctricos. Segundo o tipo de fonocaptadores utilizados, os pianos eléctricos poden ser electroestáticos (o modelo CP-70 de Yamaha, Wurlitzer) ou electromagnéticos (Neo-Bechstein electric grand piano, os pianos eléctricos de Rhodes). Ademais, conforme a maneira como o son se produce, poden ser cordas percutidas (Neo-Bechstein electric grand piano, CP-70 de Yamaha), láminas ou barras metálicas percutidas (pianos eléctricos Wurlitzer, pianos eléctricos Rhodes), ou mesmo láminas metálicas beliscadas (o modelo Pianet de Hohner). A empresa RMI tamén fabricou un modelo salientábel, o 368x Electra Piano, combinando clavicémbalo e piano eléctrico.

Técnicas e estilos

editar

Como no caso da guitarra e a guitarra eléctrica, o son do piano eléctrico difire moito do piano acústico, e o piano eléctrico emprégrano moitas veces os artistas para crear un son orixinal, auténtico, ademais de ser máis portátil.

Outros instrumentos

editar

Algúns instrumentos electroacústicos están relacionados co piano eléctrico, por se trataren tamén de instrumentos con teclas. No entanto, o obxectivo da súa creación foi o de substituír outros instrumentos:

  1. Winckel, Fritz W. (1931). "Das Radio-Klavier von Bechstein-Siemens-Nernst". Die Umschau 35: 840–843. ISSN 0722-8562. 
  2. Schmitz, Hans-W. (1990). "Der Bechstein-Siemens-Nernst-Flügel". Das mechanische Musikinstrument. 16. Jahrgang (abril de 1990) (49): 21–27. ISSN 0721-6092. 
  3. Braun, Hans-Joachim (2004). "Music Engineers. The Remarkable Career of Winston E. Knock, Electronic Organ Designer and NASA Chief of Electronics" (PDF). IEEE Conference on the History of Electronics. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2012-03-09. 
  4. Voigt, Wolfgang (1988). "Oskar Vierling, ein Wegbereiter der Elektroakustik für den Musikinstrumentenbau". Das Musikinstrument 37 (1/2): 214–221.  (2/3): 172-176.
  5. "#732: Story & Clark Storytone (1941) artdeco design electric piano". Collection Checklist (PDF). National Music Centre. p. 50. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de xuño de 2014. Consultado o 27 de xaneiro de 2021. 
  6. Story & Clark EST.1857: Where Tradition Meets Technology (catalog). Quaker Drive Seneca, PA: QRS Music Technologies, Inc. 2008. p. 2. 
  7. "RCA Storytone Electric Piano". Antiquity Music, LLC. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2013. Consultado o 05 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar