Piñeiro, Mugardos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
San Xoán de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Mugardos. Segundo o INE en 2018 tiña 465 habitantes (241 mulleres e 224 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 621 habitantes.
San Xoán de Piñeiro | |
---|---|
Igrexa parroquial de San Xoán de Piñeiro. | |
Concello | Mugardos |
Provincia | Coruña |
Coordenadas | 43°26′13″N 8°12′03″O / 43.437, -8.2008 |
Área | 1,28 km² |
Poboación | 465 hab. (2018) |
Densidade | 363,28 hab./km² |
Entidades de poboación | 11 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ten unha extensión de 1,28 km², cunha densidade de poboación de 357,81 hab./km². Limita polo leste coa parroquia de Limodre (Fene) polo oeste coa parroquia de Franza, polo norte coa vila do Seixo (Franza, Mugardos), e polo sur coa vila de Barracido (Ares).
Cultura e deporte
editarO patrón da vila é San Xoán Bautista, e celébrase o día 24 de xuño, con verbena, sardiñada e lumeirada.
A Sociedade Cultural Recreativa e Deportiva de San Xoán de Piñeiro organiza varias competicións deportivas, entre elas o Maratón de San Xoán de Piñeiro, unha carreira popular de 10.600 metros polos concellos de Mugardos, Ares e Fene, que leva máis de 30 edicións. Esta carreira conta con versións para os máis mozos, dende os 2 anos. Tamén se organizan ao longo do ano concursos de larpeiradas, a festa do entroido, unha feira de artesanía, a festa dos callos e actividades como o encaixe de bolillos, o ioga e as manualidades. A pequena vila conta ademais cun modesto equipo de fútbol.
Preto da SCRD atópase a antiga escola de San Xoán de Piñeiro, que contaba cuns poucos alumnos ata hai uns anos atrás;[cando?] agora[cando?] serve de colexio electoral.
Galería de imaxes
editar-
Igrexa de San Xoán de Piñeiro
-
Cruceiro do Lodairo.
-
Capela do Lodairo
Lugares e parroquias
editarLugares de Piñeiro
editarLugares da parroquia de San Xoán de Piñeiro no concello de Mugardos | |
---|---|
A Abeleira | O Camiño Grande | O Chao do Monte | A Chousa | A Estación | A Fonte | A Gallada de Piñeiro | A Igrexa | O Lodairo | Pumido | A Teupoeira |
Parroquias de Mugardos
editarGalicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mugardos | |
---|---|
Franza (Santiago) | Meá (San Vicente) | Mugardos (San Xulián) | Piñeiro (San Xoán) |