Phoolan Devi
Phoolan Devi ou Phulan Devi, popularmente coñecida como a Raíña dos bandidos, nada o 10 de agosto de 1963 en Gorha Ka Purwa (Uttar Pradesh) e finada en Nova Deli o 25 de xullo de 2001, foi unha ladroa e política india. Era famosa en toda a India durante o seu tempo como bandida.
Nome orixinal | (hi) फूलन देवी |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de agosto de 1963 Jalaun district, India (en) |
Morte | 25 de xullo de 2001 (37 anos) Nova Deli, India |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Member of the 13th Lok Sabha (en) | |
1999 – 25 de xullo de 2001 Lexislatura: 13th Lok Sabha (en) Circunscrición electoral: Mirzapur Lok Sabha constituency (en) | |
Member of the 11th Lok Sabha (en) | |
Circunscrición electoral: Mirzapur Lok Sabha constituency (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | India |
Actividade | |
Ocupación | política (1996–), bandoleira (–1983) |
Partido político | Samajwadi Party (en) |
Outro | |
Imputación | Bandidaxe e Secuestro |
Traxectoria
editarInfancia e xuventude
editarPhoolan naceu na casta shudra, nunha familia do clan mallaah (barqueiros), na pequena aldea de Gorha ka Purwa no estado do Uttar Pradesh. Era a segunda filla dunha familia moi pobre de catro meniñas e un meniño. Foi casada con once anos a cambio dun pequeno dote e pasou a unha rutina de malleiras, sendo violentada e forzada a un arduo traballo no campo. Xa adolescente, pasou a ser asediada por mozos dun clan (jati) poderoso na rexión, pertencente á casta (varna) dos guerreiros ou nobres (kshatriya). Para fuxiren da acusación, acúsana de tentar seducilos, facendo que fose expulsada da aldea.
Bandoleirismo
editarRexeitada tamén pola familia paterna, é abrigada por un parente próximo até o día en que a súa casa é invadida por un grupo de asaltantes que viñeron raptala. Presa nas montañas, algúns comezan a solidarizarse co seu sufrimento. O líder da banda é morto por un membro do grupo de nome Vikram, que se torna o protector de Phoolan. Ambos asumen a dianteira do grupo e comezan a atacar o comercio e as castas superiores. O imaxinario popular afirma que, nas súas accións, protexen mulleres e nenos e distribúen parte da ganancia. Tal pasaxe é contestada por algúns sectores, que ven na banda un grupo de asaltantes comúns. A súa sorte muda, novamente, co asasinato de Vikram, practicado por dous irmáns do clan Thakur, da casta Kshatriya. Alcanzando o control do grupo, os thakur préndena por tres semanas, período durante o cal foi violentada por todo o clan. A súa fuga ocorre por auxilio dos Mallah (canoeiros).
Phoolan retorna ás montañas. Gañando a protección e liderado do grupo Mallah, comeza a atacar o comercio da rexión. Pola súa acción, tida como violenta e xusta, Phoolan é cada vez máis asimilada pola poboación á deusa Devi, do hinduísmo, que restabelece o dharma a través dunha epifanía terrorífica, na cal dá cabo de exércitos de demos. Os ataques de Phoolan Devi culminan coa morte de 22 kshatriyas do grupo que a aprisionara, escapando só os seus líderes. Nese punto, a cuestión xa deixara de ser soamente criminal para tornarse política. Phoolan conta cun forte apoio popular, imprescindíbel para a reelección do goberno estatal. Por outro lado, o clan rival posúe aliados de entre os altos cargos internos do goberno. Presionado por ambos os lados, o goberno vese obrigado a negociar e non permitir a morte de Phoolan Devi pola policía, mais a buscar a súa rendición. Xa con moitas baixas no seu grupo e sen munición, Phoolan Devi entrega as armas mediante unha serie de exixencias, de entre as cales unha cerimonia convocada especialmente para tal. Son cedidas terras para a súa familia e ela non debería ser condenada á morte. Ela agarda xuízo en reclusión durante once anos, ao final dos cales son retiradas as acusacións e é liberada.
Vida política
editarEn 1996, lánzase ao preito democrático polo Partido Samajwadi (socialista), sendo electa ao Parlamento indio. A súa plataforma política consistiu na defensa dos estratos inferiores da poboación india: os de casta baixa, os sen-casta, mulleres etc.
Tornouse símbolo de loita das clases máis baixas e a súa vida foi tema de polo menos catro libros e un filme.
Repercusión na Galiza
editarA obra A conquista da escola de Madhubai de Hélène Cixous que toma como base a vida de Phoolan Devi foi traducida ao galego por Puri Cabido e levada ao teatro polo Teatro do Atlántico.[1]
Notas
editar- ↑ "A historia de Sakundeva: cando as mulleres se apoderan da violencia que se lles furta". Praza Pública. 2020-11-27. Consultado o 2020-11-29.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- "Phoolan Deri - A Rainha Bandido". Mulher Portuguesa. multibase.pt. Consultado o 2010-01-07.
- "Bandit Queen (1994)". cinemaindiano.blogspot.com. 2009-08-08. Consultado o 2010-01-07.