Philipp Melanchthon

(Redirección desde «Philip Melanchthon»)

Philipp Melanchthon (en latín: Philippus Melanchthon), nado como Philipp Schwartzerdt en Bretten o 16 de febreiro de 1497 e finado en Wittenberg o 19 de abril de 1560, foi un reformador relixioso, colaborador de Martiño Lutero, primeiro teólogo sistemático da reforma protestante, líder intelectual a reforma luterana, nun deseñador influente de sistemas educativos. Permanece con Lutero e Jean Calvin como reformador, teólogo e moldeador do protestantismo.[1]

Infotaula de personaPhilipp Melanchthon

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Philipp Melanchton Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1497 Editar o valor em Wikidata
Bretten Editar o valor em Wikidata
Morte19 de abril de 1560 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Lutherstadt Wittenberg Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaIgreja do Castelo de Wittenberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Tubinga - magister degree (en) Traducir (1512–1514)
Universidade de Heidelberg - título de grao (1509–1512) Editar o valor em Wikidata
Director de teseJohannes Stöffler (pt) Traducir e Johann Reuchlin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónastrónomo , filósofo , filólogo clásico , reformador protestante (pt) Traducir , astrólogo , teólogo , profesor universitario , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Heidelberg
University of Wittenberg (en) Traducir
Universidade de Halle-Wittenberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJohann Reuchlin (pt) Traducir, Johannes Stöffler (pt) Traducir e Pallas Spangel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosZacharias Ursinus (pt) Traducir, Martin Helwig (pt) Traducir, Jacob Heerbrand (pt) Traducir, Michael Neander (en) Traducir, Carolus Clusius (pt) Traducir, Lambert Ludolf Helm (en) Traducir, Johann Wenth (en) Traducir, Michael Beuther (pt) Traducir, Johannes Caselius (pt) Traducir e Nikolaus Selnecker (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoJohann Hommel (pt) Traducir e Simon Grynaeus (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeKatharina Melanchthon (1520–) Editar o valor em Wikidata
FillosAnna Melanchthon (en) Traducir, Philipp Melanchthon Editar o valor em Wikidata
PaisGeorg Schwarzerdt Editar o valor em Wikidata  e Barbara Reuter (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Discogs: 5818946 Find a Grave: 8386425 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Philipp Schwartzerdt naceu en Bretten en 1497 e cursou estudos nas universidades de Heidelberg e Tubinga. Ao ingresar no primeiro de ditos centros aos doce anos de idade, o seu tío, o humanista e hebraísta Johannes Reuchlin, aconselloulle que cambiase o seu nome pola súa tradución ao grego Melanchthon (Μελάγχθων), "terra negra".[2] En Heidelberg estudou filosofía, retórica e astronomía/astroloxía, e comezou a ser coñecido como estudoso do grego.[3]

Grazas á influencia do seu tío, en 1518 obtivo a cátedra de lingua grega na Universidade de Wittenberg. O discurso que pronunciou ao acceder á mesma atraeu notabelmente a atención de Martiño Lutero, catedrático de Teoloxía Bíblica en Wittenberg dende 1512 e que exerceu unha fonda influencia nel. Estudou teoloxía e licenciouse en 1519. En 1521 escribiu Loci communes rerum theologicarum, un relatorio a favor da reforma protestante, e substituíu a Lutero como líder desa causa en Wittenberg cando o seu mentor foi confinado no castelo de Wartburg. En 1526 converteuse en catedrático de teoloxía e participou, con outros vinte e sete delegados, na unificación das constitucións das igrexas reformadas de Alemaña.

En 1529 acompañou a Xoán de Saxonia na Dieta de Espira e foi un dos que asinaron a protesta de Espira, pola que os príncipes luteranos en minoría do Imperio reclamaron a tolerancia relixiosa ao emperador Carlos V, acto do que tomou o seu nome o protestantismo.

 
Cabeza dunha estatua de Melanchton nunha escola de Frankfurt

Philipp Melanchthon foi o creador da palabra "psicoloxía" para designar a disciplina á que se refería como "o estudo da alma". Partindo do radical grego psykho ("alma"), derivado á súa vez de psykhé ("soplo de vida", "alento"), máis o sufixo loxía ("ciencia", "disciplina", "tratado"), formado a partir de logos ("palabra"). A partir do século XVII, coa oposición dos pensadores da época comezou a empregarse a palabra como "estudo do funcionamiento da mente humana" ou do "comportamento humano". Non foi ata a partir do segundo cuarto do século XIX cando a disciplina foi aceptada no ámbito científico.

Como representante da Reforma ante a dieta de Augsburgo, en 1530 presentou as Confesións de Augsburgo, 28 artigos de fe redactados en colaboración con Lutero. O ton dese credo era tan conciliador que sorprendeu mesmo os católicos. Un ano despois publicou unha apoloxía en defensa da Confesión de Augsburgo, profundizando nalgúns dos seus aspectos específicos en Variacións (1540). Debido á súa intención de lograr un entendemento entre protestantes e católicos ou polo menos entre as distintas faccións protestantes, os seguidores máis estritos do luteranismo consideraron heréticas as súas opinións. Foi comprensivo coa doutrina evanxélica e durante un tempo conservou a maioría das cerimonias católicas por consideralas adiaphora ("cousas indiferentes"), é dicir, materias de escasa transcendencia que era mellor tolerar, polo que os seus seguidores foron chamados adiaforistas.[4]

Últimos días editar

O carácter humanista de Melanchton foi moi resistido polos teólogos luteranos ortodoxos, veteranos das primeiras batallas. Así e todo, logrou reunir gran cantidade de discípulos que mantiveron, propagaron e mesmo perfeccionaron as súas propostas.

Philipp Melanchton faleceu en Wittenberg o 16 de abril de 1560.[5] Morreu orando pola unión das igrexas "en Cristo" e queixándose pola rabies theologorum ("a rabia dos teólogos") do seu propio campo, que dende a morte de Lutero libraran batalla contra el.

Notas editar

  1. Richard 1898, p. 379.
  2. Richard 1898, p. 11.
  3. Wyk, Van; (Natie), Ignatius W. C. (2017). "Philipp Melanchthon: A short introduction". HTS Theological Studies 73 (1): 1–8. ISSN 0259-9422. doi:10.4102/hts.v73i1.4672. 
  4. "La mano derecha de Lutero y autor de la Confesión de Augsburgo" (PDF) (en castelán). La Iglesia Luterana-Sínodo de Misuri. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  5. Kolb 2012, p. 142.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Kolb, Robert (2012). "Melanchthon's Doctrinal Last Will and Testament: The Responsiones ad articulos Bavaricae inquisitionis as His Final Confession of Faith". En Dingel, Irene; Kolb, Robert; Kuropka, Nicole; Wengert, Timothy J. Philip Melanchthon: Theologian in Classroom, Confession, and Controversy. Göttingen: Vandenhoeck & Ruprecht. pp. 141–160. ISBN 978-3-525-55047-2. 
  • Richard, James William (1898). Philip Melanchthon: The Protestant Preceptor of Germany, 1497–1560. Nova York: G. P. Putnam's Sons. Consultado o 4 de novembro de 2017 – vía Internet Archive. 

Ligazóns externas editar