Phaeodactylum tricornutum

Phaeodactylum tricornutum
Clasificación científica
Reino: Chromalveolata
Filo: Heterokontophyta
Clase: Bacillariophyceae
Orde: Naviculales
Familia: Phaeodactylaceae
Xénero: Phaeodactylum
Especie: P. tricornutum
Nome binomial
Phaeodactylum tricornutum
(Bohlin, 1897)

Phaeodactylum tricornutum é unha especie de diatomea, única especie do xénero Phaeodactylum. A diferenza doutras diatomeas, esta especie pode presentarse en distintos morfotipos (fusiforme, trirradiada, e oval), e os cambios na forma da célula poden ser estimulados polas condicións ambientais.[1] Esta característica pode usarse para explorar a base molecular do control da forma celular e morfoxénese. A diferenza da maioría das diatomeas, P. tricornutum pode crecer en ausencia de silicio, e pode sobrevivir sen producir a súa frústula silicificada. Isto é unha oportunidade para a exploración experimental da nanofabricación en diatomeas baseada no silicio.

Outra peculiaridade é que durante a súa reprodución asexual as frústulas non parecen facerse máis pequenas. Isto permite o seu cultivo continuo sen necesidade de reprodución sexual. De feito, non se sabe se P. tricornutum pode reproducirse sexualmente, xa que non se obtiveron polo momento probas desta reprodución no laboratorio. Aínda que P. tricornutum pode ser considerada unha diatomea pennada atípica, é unha das principais especies de diatomea modelo. Estableceuse un protocolo de transformación e disponse de vectores de interferencia de ARN para ela.[2][3] Isto facilita moito os estudos de xenética molecular con esta especie.

Secuenciación de xenes editar

P. tricornutum é unha das dúas especies de diatomeas cuxo xenoma foi secuenciado (a outra é Thalassiosira pseudonana). O xenoma contén aproximadamente un 10% de xenes de tipo procariótico, o que supón unha proporción infrecuentemente grande. Na Diatom EST Database organizáronse uns 30.000 marcadores de secuencia expresada ou ESTs (expressed sequence tags) desta especie.[4]

Distribución editar

A área de distribución de Phaeodactylum vai desde Francia[5] e Alemaña[6] en Europa a Nova Escocia en Norteamérica.[7]

Phaeodactylum tricornutum considérase unha fonte de enerxía potencial de microalgas. Crece rapidamente e almacena lípidos que constitúen entre o 20 e o 30% do seu peso seco celular en condicións de cultivo estándar.[8][9] A limitación de nitróxeno pode inducir unha acumulación de lípidos neutros en P. tricornutum, o que se pode aproveitar en posibles estratexias para mellorar a produción de biodíésel de microalgas.

Notas editar

  1. De Martino, A; Meichenin, A; Shi, J; Pan, KH; Bowler, C (2007). "Genetic and phenotypic characterization of Phaeodactylum tricornutum (Bacillariophyceae) accessions". Journal of Phycology 43: 992–1009. doi:10.1111/j.1529-8817.2007.00384.x. 
  2. Apt, K. E.; et al. (1996). "Molecular and General Genetics Stable nuclear transformation of the diatom Phaeodactylum tricornutum". Molecular and General Genetics 252 (5): 572–579. PMID 8914518. doi:10.1007/BF02172403. 
  3. De Riso, V; Raniello, R.; Maumus, F.; Rogato, A.; Bowler, C.; Falciatore, A. (2009). "Gene silencing in the marine diatom Phaeodactylum tricornutum". Nucleic Acids Res. 37 (14): e96. doi:10.1093/nar/gkp448. 
  4. Maheswari, U. et al. 2005. The Diatom EST Database. Nucleic Acids Research 33: D344-D347.
  5. Rech et al. 2005. Long-term acclimation to UV radiation: effects on growth, photosynthesis and carbonic anhydrase activity in marine diatoms. Botanica Marina 48: 407-420.
  6. Toepel, J., Langner, U., and Wilhelm, C. 2005. Combination of flow cytometry and single cell absorption spectroscopy to study the phytoplankton structure and to calculate the chi a specific absorption coefficients at the taxon level. Journal of Phycology 2005: 1099-1109.
  7. Kim, K.Y., Garbary, D.J., and McLachlan, J.L. 2004. Phytoplankton dynamics in Pomquet Harbour, Nova Scotia: a lagoon in the southern Gulf of St. Lawrence. Phycologia 43: 311-328.
  8. Chisti, Y (May–Jun 2007). "Biodiesel from microalgae.". Biotechnology advances 25 (3): 294–306. PMID 17350212. doi:10.1016/j.biotechadv.2007.02.001. 
  9. Yang, ZK; Niu, YF; Ma, YH; Xue, J; Zhang, MH; Yang, WD; Liu, JS; Lu, SH; Guan, Y; Li, HY (May 4, 2013). "Molecular and cellular mechanisms of neutral lipid accumulation in diatom following nitrogen deprivation.". Biotechnology for biofuels 6 (1): 67. PMC 3662598. PMID 23642220. doi:10.1186/1754-6834-6-67. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar