Abrir o menú principal

Petrus Gonsalvus ou Pedro González, nado en Tenerife en 1537 e finado en Capodimonte, Viterbo, Italia, en 1618, foi un nobre español na corte de Henrique II de Francia. É famoso por ter hipertricose, enfermidade moi pouco frecuente, caracterizada polo exceso de cabelo no corpo. Por iso, é coñecido polo alcume de "Salvaje Gentilhombre de Tenerife" ou "Hombre Lobo Canario".[1]

Petrus Gonsalvus
PetrusGonsalvus.jpg
Nacementoc. 1537
 Tenerife
Falecementoc. 1618
 Capodimonte
NacionalidadeEspaña
FillosAntonietta Gonsalvus
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Naceu coa enfermidade da hipertricose universalis conxénita en 1537 en Tenerife, logo da conquista da illa por parte de Alonso Fernández de Lugo. Sábese que era descendente de menceyes guanches. Aos dez anos, foi levado a Francia, para a corte do rei Henrique II, onde permaneceu 44 anos.

Por decisión do rei, Petrus Gonsalvus estudou humanidades e latín, lingua que era considerada a máis alta expresión da cultura, reservada só para a aristocracia e, polo tanto, sabela falar perfectamente era sinónimo de prestixio social. O rei tamén lle concedeu o dereito de anteposición de "Don" no seu nome, por ser descendente dun rei guanche.

En 1573, Petrus casou cunha parisiense da que só se coñece o nome, Catherine, e que moi posiblemente foi dama de honra da raíña Catarina de Médici. Tivo seis fillos, catro deles coa mesma enfermidade, entre eles Antonietta Gonsalvus.

Entre 1580 e 1590, Petrus Gonsalvus e a súa familia viaxaron a Italia e estiveron na corte de Margarida de Parma. A familia estableceuse en Capodimonte, en Viterbo, onde Petrus morreu en 1618 con 80 anos.

NotasEditar

Véxase taménEditar