Antonietta Gonsalvus
Antonietta Gonsalvus, tamén chamada Tognina Gonsalvus, nada aproximadamente en 1580, foi unha das fillas de Petrus Gonsalvus, nobre da corte de Henrique II de Francia.[1]
Nome orixinal | (fr) Tognina Gonsalvus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1588 Fontainebleau (Reino de Francia) |
Morte | século XVII Capodimonte (Estados Pontificios) |
Familia | |
Familia | Gonsalvus family (en) |
Pai | Petrus Gonsalvus |
Antonietta é coñecida por padecer, como seu pai e tres dos seus cinco irmáns, hipertricose, unha enfermidade moi pouco frecuente, caracterizada polo exceso de cabelo no corpo. O caso da súa familia é o máis antigo dos que se describiron en Europa desta enfermidade.[1]
Foi frecuentemente representada en pinturas, xeralmente acompañada da súa familia. Creceu en Fontainebleau (Francia), onde formou parte da corte do rei Henrique II de Francia.
Entre 1580 e 1590, a súa familia trasladouse a Italia, onde hai constancia da súa estancia na corte de Margarida de Parma. Non se sabe o ano da morte de Antonietta, pero si que morreu en Italia, posiblemente en Capodimonte (Viterbo), lugar onde morreu tamén o seu pai.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Manguel, Alberto (2003). "La imagen como comprensión. Lavinia Fontana". Leer imágenes. Alianza. pp. 113–147. ISBN 8420641413.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Manguel, Alberto (2003). "La imagen como comprensión. Lavinia Fontana". Leer imágenes. Alianza. pp. 113–147. ISBN 8420641413.
Outros artigos
editar Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |