Petre Kharischirashvili

Sacerdote católico xeorxiano

Petre Kharischirashvili[1] (en xeorxiano: პეტრე ხარისჭირაშვილი / ხარისჭარაშვილი), nado en 1804 ou 1805 e finado o 7 de outubro de 1890 en Istambul, foi un relixioso católico xeorxiano, teólogo e figura pública, científico e fundador dos Servitas da Inmaculada Concepción en Istambul.

Infotaula de personaPetre Kharischirashvili

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1804 Editar o valor em Wikidata
Akhaltsikhe Editar o valor em Wikidata
Morte7 de outubro de 1890 Editar o valor em Wikidata (85/86 anos)
Istambul Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Georgian Byzantine-Rite Catholics (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en 1804 ou 1805 en Akhaltsikhe, segundo a maioría das fontes[2][3] (segundo outras tería nacido en abril de 1818).[4] Estudou na escola parroquial e posteriormente marchou a estudar no seminario en Alexándropol, e finalmente a Roma a cursar estudos superiores de Teoloxía. En 1842 volveu a Akhaltsikhe, foi ordenado, e foi nomeado axudante do arquimandrita Pavle Shahqulianis.[2][4] A súa volta a Xeorxia significou tamén unha toma de conciencia e unha determinación por loitar para que os católicos xeorxianos podesen dar culto a Deus na súa lingua.[2][5]

Kharischirashvili cautivou aos seus fieis grazasá súa predicación elocuente. Malia obedecer a lei e celebrar en armenio, predicaba en xeorxiano. Traballou arreo por mellorar a situación do seu pobo, eximindo da dote ás mulleres con poucos recursos e ensinando a ler e escribir.[2] A súa autoridade, porén, espertou receos entre os armenios. As tensións chegaron ao seu punto máis alto cando os armenios anunciaron a decisión de construír un seminario en Akhaltsikhe e Shahqulianis o apoiou, Kharischirashvili enfrontouse con el e, finalmente, Kharischirashvili foi enviado a Khizabavra, e de alí a Vale.[2]

En 1856 marchou a Venecia, onde se uniu á Congregación Mequitarista e fundou unha imprenta xeorxiana. Traduciu tamén libros dende o armenio, o que lle reconciliou con dita comunidade. Grazas ao seu traballo, a Santa Sé lle permitiu fundar en Constantinopla unha nova congregación relixiosa xeorxiana o 7 de maio de 1859.[2][4] Á súa chegada fundou a congregación dos Servitas da Inmaculada Concepción e comezou a celebrar a liturxia en xeorxiano.[2] Comezou tamén un mosteiro feminino e unha escola católica; ao ano a escola tiña mais de 100 alumnos, moitos deles escravos xeorxianos recomprados polo propio Kharischirashvili, e outros que viñan dende Xeorxia.[2] O seu traballo atraeu tamén a xeorxianos ortodoxos e musulmáns.[2] Ademais da labor teolóxica, na escola tamén tiñan unha importante presenza a lingua, literatura e historia xeorxianas, e se introducía aos alumnos tamén ao latín e ao francés. Da escola foron alumnos, entre outros Mikheil Tamarashvili e Mikheil Tarkhnishvili. En 1870 fundou unha nova imprenta xeorxiana en Constantinopla, e moitos dos libros os distribuíu de xeito gratuíto entre a xente pobre. Puxo especial atención en que as edicións estiveran coidadas e fosen gramaticalmente correctas. Entre as obras publicadas destaca a publicación de poesía "ყვავილების კონა" (qvavilebis kona). A boa marcha da congregación fixo que se abrira unha nova casa e imprenta en Montauban (Francia) tamén nesa década.

Finou o 7 de outubro de 1890 en Istambul (segundo Dalezio o 9).[4] A súa lápida di:

OSSA PETRI CARISCIARANTI / PATRIA GEORGIA DOMO AKALCIK / SERVORUM / ANCILLARUMQUE VIRGINIS / AB IMMACULATO CONCEPTU / INSTITUTORIS / AC MODERATORIS GENERALIS PRIMI / PIISSIMA VITA CESSIT / VII ID OCT MDCCCXC / VIXIT ANNOS LXXII MENSES V DIES XXVI R. I. P”.[6]

Segundo esta lápida, tería nacido o 2 de maio de 1818 no canto de en 1804 ou 1805, que é a data que da Chichinadze.[3] Pola súa banda, Dalezio achégase máis a esta data, xa que segundo o seu traballo tería nado o 20 de abril de 1818.[4]

Notas editar

  1. Tamén Carisciarian, Caristchiarianti, Karishiaranti, Kharistchirashvili, Kharistshirashvili, Harisçiraşvili, Krischiaranti, Харисчирашвили.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 ბლუაშვილი, უჩა (2008). მესხეთის სახელოვანი შვილები / Славные сыновья Месхети (en xeorxiano e ruso). საქართველოს პარლამენტის ეროვნული ბიბლიოთეკა. pp. 70–76, 175–180. ISBN 978-9941-0-1076-7. 
  3. 3,0 3,1 ჭიჭინაძე, ზაქარია (1895). აბატი პეტრე ხარისჭირაშვილი. შარაძისა და ამხანაგობის სტამბა. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Dalleggio, Eugène; Čičinaże, Zakʻaria (2003). İstanbul Gürcüleri (en turco). Traducido por Fahrettin Çiloğlu. Sinatle Yayınları. p. 44. ISBN 9789758260157. 
  5. No Imperio Ruso a liturxia bizantina xeorxiana estaba reservada aos ortodoxos, e os católicos só podían celebrar os ritos armenio (en lingua armenia) ou romano (en lingua latina).
  6. Natsvlishvili, Natia (2015). "A struggle for identity: Georgian Catholics and their monastery in Istanbul". Caucasus Survey 3 (1). ISSN 2376-1199. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar