Petróglifos de Ghorghalado

conxunto de gravados rupestres nas Eiras (O Rosal)

Coordenadas: 41°55′52″N 8°47′30″O / 41.931236614696, -8.7917650007123

Os petróglifos de Ghorghalado son un conxunto de máis de 350 motivos gravados rupestres da Idade de Bronce situados na parroquia das Eiras (O Rosal).[1]

Petróglifos de Ghorghalado
RexiónAs Eiras (O Rosal)
Tipopetróglifos
Historia
PeríodosIdade de Bronce, entre o ano 1200 e 600 a. C.
Notas do sitio
Descuberto2012
PropiedadeComunal
Acceso públicoSi

Descrición editar

O conxunto arqueolóxico ten 350 gravados reunidos en pequenos grupos, que forman diversas composicións xeométricas e abstractas aproveitando as fendas e as irregularidades da roca esquistósica na que están labrados para ordenar a disposición.[2] Son recorrentes os círculos concéntricos, algúns con cazoleta; tamén as formas cuadrangulares e ovaladas e as liñas.[1] Os petróglifos de Ghorghalado descubríronse de forma casual en 2012 por unha veciña do lugar.[3] En 2015, o Concello do Rosal, xunto coa Deputación de Pontevedra, a Dirección Xeral de Patrimonio e a comunidade de montes das Eiras escavaron este xacemento que se atopaba enterrado e cuberto de vexetación e que constitúe o primeiro petróglifo que se desenterrou en Galicia para a súa recuperación.[4][1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Rodríguez Serantes, María; Alonso de Dios, Alberto (2022). "Petroglifos do Ghorghalado". Galicia Máxica. Consultado o 20 de febreiro de 2022. 
  2. Petróglifo de Ghorgholado na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  3. "O Rosal saca a la luz su mayor petroglifo". Faro de Vigo. 8 de marzo de 2014. Consultado o 21 de febreiro de 2022. 
  4. "O Rosal muestra el petroglifo recuperado de Eiras con más de 350 motivos rupestres". Faro de Vigo. 13 de decembro de 2015. Consultado o 20 de febreiro de 2022. Es la primera vez que se excava un petroglifo en Galicia 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar