Peter Howson

artista británico

Peter Howson, nado en Londres o 27 de marzo de 1958, é un pintor escocés, Cabaleiro da Orde do Imperio Británico desde 2009.

Infotaula de personaPeter Howson

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1958 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido
Escocia Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola de Arte de Glasgow (pt) Traducir (1975–1976)
Prestwick Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Bosnia e Hercegovina
Londres
Glasgow Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , artista , gravador Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPintura de xénero e figure (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoArte contemporánea Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Británico Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webpeterhowson.co.uk Editar o valor em Wikidata
Discogs: 2596824 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Howson é fillo de pais escoceses, e mudouse a Prestwick coa súa familia con catro anos. Foi soldado de infantaría na Royal Highland Fusiliers, mais abandonou a carreira militar para se dedicar ao estudo de arte. Estudou na Glasgow School of Art de 1975 a 1977 e de 1979 a 1981.

A súa obra abrangue varias teméticas. Os seus primeiros traballos amosan homes da clase traballadora, como The Heroic Doss (1987). En 1993 foi comisionado polo Museo Imperial da Guerra de Londres para ser o pintor oficial durante a Guerra de Bosnia. Durante a súa estadía en Bosnia e Hercegovina produciu algunhas das súas pinturas máis chocantes e controversas, documentando as atrocidades que por entón decorrían, como Plum Grove (1994). Foi novamente o pintor de guerra oficial en 1999 durante a Guerra de Kosovo oara o London Times.[1]

Nos últimos tempos a súa obra derivou cara á temática relixiosa, relacionándose coa súa conversión ao Cristianismo no ano 2000 logo de se someter a tratamento contra o alcoholismo e drogodependencia.

En 1998 realizou un selo conmemorativo dos feitos de enxeñaría para os Correos británicos. Foi autor tamén de capas de álbums para grupos de rock e pop.

Está representado nalgúns dos principais museos do mundo, incluíndo a Tate Modern, en Londres, o Imperial War Museum, en Londres, a Galería Nacional Escocesa de Arte Moderna, en Edimburgo, o Metropolitan Museum of Art de Nova York e o Museo Nacional de Arte Moderna, de Nova York.[2]

Notas editar

  1. "Witness in paint", The Economist, 20 de maio de 1999 (en inglés).
  2. "Peter Howson Curriculum Vitae" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de outubro de 2016. Consultado o 11 de xullo de 2017.