Pestiño
O pestiño é un doce típico de Andalucía, e doutras zonas de España, tradicionalmente consumido no Nadal, aínda que nalgunhas localidades se confeccione todo o ano. Faise con masa de fariña, fritido en aceite e pasado por mel[1]. En Valencia chámase pestinyo e aromatízase con anís e laranxa. Na provincia de Salamanca, onde tamén é popular, chámase sacatrapos ou sacatrapu e, como en Toledo.
É común aromatizar a masa con sésamo. O tamaño e forma son variábeis, aínda que xeralmente sexa un cadrado de masa con dous dos cantos opostos dobrados cara ao centro. En vez de mel, ás veces úsase azucre. Alén da forma, tamén a composición varía segundo a rexión. En Málaga chámanse borrachuelos[2].
A historia do pestiño pode remontarse polo menos até o século XVI sendo probabelmente moito máis antigo. O pestiño está emparentado coa shebbakiyya marroquí, o que suxestiona unha posíbel orixe común, quizais andalusí.
Notas
editar- ↑ Sordo, Enrique (1980). Cómo conocer la cocina española (en castelán). Argos Vergara. pp. 30–33. ISBN 84-7017-907-1.
- ↑ Aguirre, Lakshmi I. "Borrachuelos". TertuliaAndaluza.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2014. Consultado o 12 de outubro de 2014.